Sthela Táboas 03/06/2021

Esta modalidade será olímpica en París 2024 e contará na vila coa participación de David Amor, bronce no Campeonato de España e con moitas papeletas de acudir aos Xogos Olímpicos

O Concello do Porriño vai celebrar o sábado 10 de xullo a “Breaking Battle Porriño” que será unha competición e encontro de Breaking Dance, que terá lugar por primeira vez na nosa vila.

Celebrarase ao abeiro das Festas de San Bieito na praza de San Sebastián onde se montarán unha pista principal e dúas máis pequenas para quecemento dos participantes. Ademais haberá un espazo con cadeiras reservado para o público asistente e os acompañantes dos participantes.

A concelleira subliñou “o esforzo conxunto da OMIX do Porriño e das concellerías de Deportes e Festas para achegar novas propostas de lecer, cambiando rexistros e organizando eventos máis demandados pola mocidade”.

Agardase “unha alta participación aproveitando que o breaking está declarada modalidade olímpica para os Xogos de París 2024”, segundo lembrou Pablo Castiñeira, representante da “Vella Escola”, produtora do evento.

Entre os participantes que se darán cita no Porriño agardase a asistencia de David Amor, un mozo de Neda de 14 anos que xa é o segundo no ranking nacional desta modalidade, facéndose coa medalla de bronce no Campionato de España en 2020. Por isto a concelleira de Festas, Cami Moreira, concluí coa frase “Dende O Porriño a París” tendo en conta as posibilidades do mozo nedense de ser seleccionado para as vindeiras Olimpíadas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad