Redacción 31/05/2021

Lete Lasa defíneo como “un deportista sen medo a nada que sempre que haxa unha oportunidade irá por ela sen rede, sen condicións e sen complexos. A carreira deportiva de Alejandro é un calco da súa vida e non teño dúbida de que competirá ata o final para saír cara adiante”

A Xunta de Galicia, a través do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, fixo entrega hoxe dunha placa conmemorativa ao atleta vigués Alejandro Gómez en recoñecemento “á súa dedicación e compromiso co deporte galego”. Ademais, o mandatario galego anunciou que o campionato galego de 10.000 metros levará o nome do deportista olívico.

Nas súas verbas, o secretario xeral gabou o brillante currículo deportivo de Alejandro Gómez pola súa participación en tres Xogos Olímpicos -Seúl 88, de Barcelona 92 e Atlanta 96-, ademais dos seus nove campionatos de España nas disciplinas de cross, 10.000 metros e medio maratón, así como unha morea de excelentes clasificacións en europeos e mundiais da longa distancia. Lete Lasa definiuno como un “fenómeno do atletismo vigués, galego e español que conta cun palmarés envexable para calquera deportista”.

Tras falar dos seus inicios no atletismo, Lete Lasa lembrou unha carreira de Alejandro Gómez en Maia (Portugal) na que intentaba acadar o billete para Barcelona 92. A proba disputouse á unha da madrugada tras ter sido adiada polas pésimas condicións de chuvia e vento. Ante as inclemencias do tempo, todos os rivais de Alejandro retiráronse quedando el só na pista e rematando a proba en 28 minutos e cos beizos completamente rotos. “Ese é Alejandro Gómez, un deportista sen medo a nada que sempre que haxa unha oportunidade irá por ela sen rede, sen condicións e sen complexos. A carreira deportiva de Alejandro é un calco da súa vida e non teño dúbida de que competirá ata o final para saír cara adiante”, sentenciou Lete.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad