A Concellería de Infraestruturas anunciouno hoxe e conta cun orzamento total de 56.129 €
O Concello do Porriño anuncia que a Concellería de Infraestruturas, dirixida por Pedro Pereira (BNG), vai executar obras de saneamento en Corzón, parroquia de Pontellas.
O proxecto de rede de saneamento atópase actualmente en fase de licitación, con prazo de presentación de ofertas ata o mércores 9 de xuño e cun orzamento total da base da licitación de 56.129 €
Esta obra está financiada polo “Plan Concellos 2021” da Deputación Provincial de Pontevedra.
A partir da adxudicación, a data aproximada de inicio das obras será no mes de setembro, segundo a previsión que manexa o concelleiro Pedro Pereira. O prazo para a execución dos traballos estímase en tres meses.