José Docampo 22/05/2021

O Concello vigués informa de que, por causa das limitacións de ocupación das localidades para o público, ningún membro do equipo de goberno irá a Balaídos hoxe, permitindo a máis afeccionados presenciar o encontro deportivo en persoa. Tamén nega ter recibido do Celta unha proposta para a apertura de Marcador neste partido.

Unha vez permitido o acceso dun número limitado de persoas aos campos de fútbol nos partidos de Primeira e Segunda División, o Concello de Vigo anuncia que ningún representante do goberno local acudirá hoxe, sábado, ao estadio municipal de Balaídos para presenciar o encontro entre o Real Club Celta de Vigo e o Real Betis.

Aseguran que estarían encantados de “aplaudir ao equipo en Balaídos”, mais que a decisión é tomada para deixar todo o aforo dispoñible aos afeccionados e que sexan os abonados os que asistan ao estadio para seguir en directo ao Real Club Celta de Vigo. Aseguran desde o goberno de Vigo que manterán esta postura en tanto a entrada de público estea limitada e que volverán a Balaídos cando a situación sanitaria estea normalizada.

Á vez, o Concello aproveita para negar as informacións dadas polo Celta de Vigo recentemente á prensa, nas que o clube aseguraba ter solicitado ao Concello permiso para abrir a zona de Marcador, actualmente en obras, asumindo os custes de instalar e desinstalar posteriormente os asentos. O Concello di non ter recibido tal petición, e asegura que abrir esta zona aos afeccionados para este partido contra o Betis podería poñer en risco a seguridade do público.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad