Redacción 22/05/2021

A proliferación de casos de COVID-19 no Concello de Mos obriga á CMVMC de Tameiga a cancelar a asemblea que fora convocada para mañá, domingo 23 de maio.

 

 A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga informa da cancelación da asemblea que se ía celebrar mañá, domingo día 23 de maio. Por mor do aumento de contaxios da COVID-19 e para garantir a seguranza ante os mesmos, a xuntaza fica suspendida. A CMVMC non informou aínda da data proposta para a celebración desta asemblea, e desexa que este novo gromo remita o antes posíbel.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad