Redacción 14/05/2021

“A Forza dunha lingua” será este sábado 15 de maio ás 19.00 h no Centro Cultural de Beade con entrada gratuita ata completar aforo

 

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, rende homenaxe a Xela Arias, escritora e poeta a quen se lle adica o Día das Letras Galegas 2021. E o fai cun concerto titulado “A Forza dunha lingua” o vindeiro sábado 15 de maio ás 19.00 h no Centro Cultural de Beade, gracias ao apoio e a colaboración do Concello de Vigo.

No concerto, actuarán as dúas formacións da Kv2211 que por cumprimento da normativa COVID-19, non poderán tocar xuntas como é o habitual. Así, actuará a Orquestra Infantil, dirixida por Raquel Fernández. Esta orquestra está formada por xoves instrumentistas de corda de entre 8 e 14 anos de idade. E a continuación actuará a Orquestra Xuvenil dirixida por José Manuel Fernández.

“A Forza dunha lingua” quere resaltar tanto a figura personal como a artística de Xela Arias grazas a participación de Sofía Davila Davila na elaboración dos textos literarios e de Raquel e Violeta González Davila na narración dos mesmos.

“A Forza dunha lingua” é un dos concertos incluidos na programación da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 do ano 2021 que conta co apoio e colaboración do Concello de Vigo.

O concerto é gratuito con límite de aforo e cumprimento das normas Covid-19.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad