Redacción 13/05/2021

Tui incrementou un 10% a reciclaxe de envases entre febreiro e abril con respecto ao mesmo período do ano anterior

 

 

Deste xeito superou o reto e gañou o premio – que será entregado mañá venres – da campaña de Ecoembes e a consellería de Medio Ambiente

 

Grazas a implicación da cidadanía Tui incremento nun 10% as achegas ao contedor amarelo durante os meses de febreiro, marzo e abril deste ano, con respecto ao mesmo período de 2020. Deste xeito Tui superou o reto fixado na campaña “Recicla e Únete ao Reto” de Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

 

Mañá venres, 14 de maio, ás 12 h, na praza dos Barcos de Sanxenxo, representantes municipais acudirán a recoller este premio dotado con 2 mil euros que serán doados integramente a unha causa social.

 

Dende o Concello de Tui quérese amosar o agradecemento á poboación tudense xa que grazas a súa implicación en prol do medio ambiente superouse este reto. Durante a campaña un posto informativo, un gran contedor amarelo na rúa Ourense, e diverso material publicitario convidaron á cidadanía a reciclar.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad