Redacción 07/05/2021

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, mantivo unha reunión co alcalde e con residentes da zona. 

Os veciños do conxunto histórico de Tui interesados en vender unha propiedade poden presentar unha oferta ao programa rexurbe antes do 9 de xullo. 

A Xunta pretende adquirir este ano inmobles do municipio para rehabilitar, por importe de 250.000 euros, unha contía que se pode ampliar. 

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, acompañado polo alcalde, Enrique Cabaleiro, mantivo unha reunión informativa con veciños do conxunto histórico de Tui co obxectivo de facerlles chegar a información sobre o programa Rexurbe. 

Na charla, o director xeral explicoulles aos presentes os obxectivos do programa e as actuacións previstas no marco do mesmo no conxunto histórico do municipio, no que a Xunta pretende adquirir este ano inmobles para rehabilitar por importe de 250.000 euros, unha contía que se pode ampliar. 

Os interesados en ofrecer as súas propiedades poden dirixir as súas ofertas ao Instituto Galego da Vivenda e Solo ata o 9 de xullo. Posteriormente, as vivendas serán rehabilitadas polo propio IGVS, que as destinará a alugueiro social. 

Estes inmobles que a Xunta prevé adquirir este ano sumaranse ao que xa foi adquirido en 2020, emprazado no número 20 da rúa Obispo Castañón. 

Cómpre recordar que o programa Rexurbe iniciouse en 2017 e xa rematou a rehabilitación das primeiras propiedades en Betanzos e Ferrol, localidades nas que se segue a traballar noutras vivendas, ao igual que en Lugo, Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Ourense e Ribadavia. 

Ademais, na reunión, o alcalde e o director resolveron dúbidas e preguntas sobre a posibilidade de que a Administración local solicite a declaración dunha área Rexurbe na localidade, así como os trámites necesarios para iniciar a tramitación da mesma.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad