Redacción 16/04/2021

Onte presentouse no Concello a competición galega organizada polo Club de Patinaxe Artístico Rosaleira de Mos.

 

Onte tivo lugar no Concello de Mos a presentación do Campionato Galego de Solo Danza, Parellas de Danza e Parellas de Artístico 2021 organizado polo Club de Patinaxe Artístico Rosaleira de Mos (coa colaboración do Club Patín Vagalume Celtamotor) que se celebrará o vindeiro sábado, 17 de abril, ao longo de todo o día no Pavillón Óscar Pereiro.

Asistiron a esta presentación representantes da Xunta e do Concello, o presidente da Federación Galega de Patinaxe (Comité de Artístico), Alberto Covelo; Rosa María Davila, presidenta do CPA Rosaleira de Mos, e Beatriz Fernández Bahamonde, adestradora do CPA Rosaleira de Mos. O Campionato realizarase a porta pechada, sen público, e será retransmitido en directo vía streaming. Será unha competición totalmente adaptada e escrupulosa co cumprimento dos actuáis protocolos e medidas de prevención e loita contra a COVID-19. Ademais do CPA Rosaleira competirán o sábado en Mos o Club Alquimia, o Club Fervello, o Club Balaídos, o Club Patín Vagalume Celtamotor e o Club Ribeira. Todos eles participarán con todas as súas categorías por idades.  

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad