Redacción 15/04/2021

O PSOE salcedense respostou no Pleno Extraordinario con “medidas efectivas” en relación co IBI

 

 

O Partido Socialista de Salceda, da resposta ás distintas acusacións que o Partido Popular leva vertidas nas últimas semanas, en relación coa postura do grupo socialista no procedemento simplificado do IBI.

O PP incide en que o grupo socialista, como parte do goberno local actual, continúa coa posición e traxectoria levada acabo nos últimos anos, “co que as acusacións sobre os cambios de posición son totalmente infundados” afirman dende o PSOE de Salceda.

Verónica Tourón lembra que “no procedemento levado a cabo por catastro no ano 2015 o PSOE xa solicitaba as medidas que agora se están poñendo en marcha dende o Concello: a rebaixa do tipo impositivo, aprazamentos para que Catastro emita os recibos de forma escalonada, bonificacións nos terreos non edificables, bonificacións sociais ou o servizo de información á veciñanza. Co cal consideramos que o Partido Popular debe rectificar as súas acusacións cara o noso grupo, porque estamos facendo o que pedíamos naquel momento e o que debemos facer: xestionar e poñer solucións aos problemas da veciñanza”.

Dende o grupo socialista puntualizan que “este é un procedemento irreversible, que en ningún momento foi solicitado nin iniciado polo concello e que ven avalado por unha modificación lexislativa do Partido Popular no ano 2015”; por iso píden ao Partido Popular “que deixe de sementar crispación e que arrimen a ombreira nun problema que foi creado polo seu propio partido e que preocupa as veciñ@s de Salceda”.

Resalta Tourón que “dende o Concello traballouse dende un primeiro momento na procura de solución para paliar os efectos deste procedemento, mentres que o grupo da oposición dedicouse a moldear a súa mensaxe adaptándoa aos avances de goberno municipal, de feito, pasaron de solicitar unha paralización da revisión -cousa inviable- a solicitar cuestións que o equipo de goberno xa ten resoltas ou en estudio. Adicáronse a ir xerando incertidume e dando información incompleta, chegando a felicitarse e presumir dun traballo que realizou o equipo de goberno”.

Os socialistas de Salceda consideran que o partido da oposición “está actuando con total irresponsabilidade nun tema moi serio, cun discurso que so provoca enfrontamento”; e fan un chamamento “a que traballen conxuntamente na procura de solucións e deixen de colgarse medallas por un traballo que non están facendo eles. A veciñanza merece seriedade e rigurosidade dun grupo que as veces, esquece que pertence a corporación local e que mostra unha actitude moi afastada do que debe ser a representación institucional”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad