Redacción 15/04/2021

A Concellería de Cultura impulsa actos conmemorativos que inclúen a proxección de “As silenciadas”, lecturas de fragmentos de libros

 

 

A Concellería de Cultura do Concello do Porriño, dirixida por Cami Moreira, levará a cabo esta fin de semana, distintos actos no marco da recuperación da Memoria Histórica.

O sábado 17, ás 19.00 h no Centro Cultural Municipal (previa inscripción en cultura@oporrino.org), terá lugar a proxección do filme As silenciadas de Pablo Ces, documental histórico que recupera historias de vida de numerosas mulleres que andiveron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro.

O domingo 18, ás 12.00 h na praza de Antonio Palacios, terá lugar en conmemoración do 90 aniversario da II República, a lectura de diversos fragmentos dos libros Un cesto de mazás de Montse Fajardo, Non des a esquecemento de Luis Bará e O Porriño 1936 de Xosé Ramón Paz Antón. As lecturas, acompañadas de música de acordeóns, serán realizadas por persoas vinculadas á memoria do Porriño e da contorna, baixo o lema “Non deixemos a memoria soterrada nas foxas”.

Para a Concellería de Cultura, este acto é un punto de partida cara a outros proxectos dirixidos á recuperación da memoria histórica, como será a realización dun documento sonoro que recolla a narración das persoas que viviron a dura represión franquista.

A recuperación, posta en valor e difusión da historia do noso país, a aplicación da Lei de Memoria Histórica co recoñecemento público aos porriñeses, que pagaron coa represión e a morte a súa defensa dos valores democráticos, son valores defendidos pola Concellería de Cultura comandada por Cami Moreira; así como apoiar e impulsar todas aquelas actividades que contribúan a dar luz e divulgar, aspectos do noso devir histórico.

Entre os actos programados para este mes de abril estará tamén a conmemoración do 25 de abril, a Revolución dos Caraveis de Portugal.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad