Redacción 19/03/2021

A escritora e o guionista e director de cine compartirán o xoves 25 ás 20h30 conversa desenfadada no segundo programa da nova proposta audiovisual da área de cultura da Deputación da Coruña. Mercedes Peón e Lucía Freitas participaron na estrea desta iniciativa o pasado 4 de marzo.

 

O próximo xoves, día 25 de marzo, ás 20h30 estréase no Facebook e no Youtube da Área de Cultura da Deputación da Coruña a segunda conversa do proxecto audiovisual dixital Referentes, protagonizada pola escritora Berta Dávila e polo guionista e director de cinema Alfonso Zarauza.

Berta Dávila é unha das escritoras contemporáneas galegas con máis talento e recoñecemento, tanto na poesía coma na narrativa. Creadora e creativa, cada obra que publica é recoñecida por público e crítica e no seu curriculum atesoura premios como o Biblos de Novela, o Premio da Asociación Galega de Editores, o Premio Johán Carballeira, o García Barros, o Premio da Asociación de Escritores en Ligua Galega, o Premio da Crítica Española ou o Premio de Narrativa Breve Repsol, que gañou dúas veces. É autora de poemarios como Corpo Baleiro (2007) ou Raíz da fenda (2013) e de novelas como O derradeiro libro de Emma Olsen (2013), Carrusel (2019) e Illa Decepción (2020).

Alfonso Zarauza é guionista e director de curtas, series, documentais e longametraxes. Na súa filmografía destacan as longametraxes A noite que deixou de chover (2008), Encallados (2013), Os fenómenos (2014) e Ons (2020), que vén de recibir 12 candidaturas aos Premios Mestre Mateo. O seu estilo fílmico, a forma de narrar e expresar, os temas sobre os que fala e o xeito de abordalos dende o punto de vista do guión e da composición audivisual recibiu o recoñecemento de festivais, certames, crítica e público.

A xornalista Marga Pazos, gañadora dun Premio Mestre Mateo á Mellor Comunicadora, conducirá a conversa entre estas dúas mulleres referentes presentes e futuras da sociedade galega. Falarán da vida e da paixón coa que elas a afrontan e ese diálogo desenfadado ofreceralle ao público unha oportunidade única para ver a actualidade dende un novo prisma, reflexionando sobre a nosa cultura e sobre as ferramentas que nos ofrece para reinventarnos.

Neste contexto pandémico no que se unen unha certa tensión no ambiente cun enorme consumo audiovisual na rede, un novo proxecto busca recuperar o pracer do diálogo amable e construtivo entre persoas con diferentes perfís e intereses. Referentes é un proxecto audiovisual dixital, un ciclo de charlas entre persoas de referencia na nosa cultura que se poderá ver de balde na rede co obxectivo de “afondar no Nós colectivo”, en palabras de Xurxo Couto. Cada mes, difundirase unha conversa entre Referentes da cultura e da sociedade galegas, que nos permitirán coñecer e valorar o noso xeito de vida e situarnos inequívocamente no mundo, proxectándonos cara un futuro tan difuso como incerto coa nosa identidade como piar básico
 
A área de cultura da Deputación da Coruña que dirixe Couto impulsa esta proposta para “afondar na diversidade do noso pobo a través dunha serie de conversas entre artistas, intelectuais e pensadoras de diversos ámbitos e disciplinas que nos amosarán unha visión da nosa realidade cultural e social inspiradora e motivadora”. O obxectivo que persegue a Deputación da Coruña é o de “imaxinarmos novos mundos dende o agora, empregando a cultura como bálsamo e motor con ánimo analítico, propositivo e transformador da nosa realidade”. “Unha cultura, unha lingua e un país precisan ter os seus propios referentes”, explica Couto. “No caso galego, temos figuras de relevancia que están a abrir camiños e tamén a exportar a nosa cultura e presentarnos e representarnos máis alá das nosas fronteiras… e este programa quere que se coñezan a fondo e que se escoiten”.
 
Referentes enmárcase dentro da campaña “A Cultura é un dereito” artellada pola Área de Cultura da Deputación da Coruña para afianzar a mensaxe de que a cultura constrúe unha sociedade viva, dinámica, consciente, orgullosa da súa identidade e sabedora do seu potencial. “Ao noso ver, a cultura é fundamental para a sociedade, é un dereito para todos e todas e tamén un sector de especial relevancia non só para a economía do país senón tamén para a nosa calidade de vida”, sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.
 
O mundo da cultura é dos que máis forte está a sufrir o impacto da pandemia do coronavirus. Un impacto que non se cinxe só no eido laboral, con miles de profesionais afectados, senón en canto á cultura como dereito social, como alierce dunha sociedade, como ferramenta para a mellora social. “Acreditamos firmemente en que a cultura é un dereito, que alimenta, que nos fai o que somos”, remata Couto. “O espazo das ideas e dos valores, que non pode reducirse a ornamento. Por iso traballamos. Cultura en todos os concellos, cultura con todas as persoas”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad