Os traballos empezaron a principios desta semana e a vindeira procederase ao asfaltado deste vial que dá servizo a un dos barrios máis poboados da parroquia de Tameiga.
Segundo informa o Concello, os labores de asfaltado e reposición do firme do Camiño do Pazo comezarán esta semana. A mellora do vial reviste unha especial importancia ao ser este o acceso a un dos barrios máis poboados da parroquia. O orzamento para esta obra, con cargo ao Plan Concellos da Deputación, é de 57.000 euros. O Concello asegura ademáis que, aproveitando estas obras, acometeu con fondos propios a instalación de 150 metros de canalización para o servizo de vivendas na zona.