Redacción 13/03/2021

En relación á programación do ciclo “Marzo de sábados teatrais” e ante as informacións de EU Son e PP, o partido nacionalista porriñés pronúnciase apelando á transparencia

 

 

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira, programou para os sábados deste mes “Teatro Confinado” coa xestión de Xerpo para esta actividade teatral, ainda que non foi do agrado de EU Son nin do PP do Porriño. Dadas as informacións vertidas por ambas agrupacións políticas, o BNG reitera que “a súa contratación é transparente e cumpre estritamente coa lexislación vixente en materia de contratos”. Defendendo “que se apoien as iniciativas locais de ámbito privado que promovan e fomenten a cultura; a aposta pola cultura de proximidade forma parte do noso programa electoral e facémola efectiva cando temos responsabilidades de goberno”.

O Bloque xustifica que “a empresa contratada é un referente nas artes escénicas e vén traballando normalmente co Concello do Porriño, e con outros da contorna, desde o ano 2006 e con gobernos de distintas cores políticas. Conta cunha longa traxectoria no sector cultural e a oferta innovadora de calidade é recoñecida tanto nas colaboracións coa administración pública como no espazo que xestionaron durante seis anos no Porriño, a sala Ingrávida”. 

As declaracións do portavoz do BNG citadas por EU-SON e PP “están sacadas de contexto e nada teñen que ver coa organización destas xornadas teatrais. A entrevista a Pedro Pereira prodúcese en novembro do 2020 e a pregunta concreta, ten relación cun expediente de compra de material cultural a Xerpo despois do peche da sala Ingrávida”. 

“Esa operación tería sido unha boa oportunidade para que o concello puidera adquirir material a baixo custo pero o BNG, a pesar de ser perfectamente legal, decidiu rexeitala ao entender que podería levantar suspicacias pola relación de parentesco da concelleira coa empresa”, afirma Pedro Pereira. Finalmente o expediente paralizouse e non se chegou a executar a compra.

Desde o BNG lamentan que tanto EU-SON como PP “vaian da man e pretendan sacar réditos políticos da forma máis oportunista e sen lle preocupar danar a imaxe dunha empresa local, que ten acumulada unha importante bagaxe no ámbito do teatro e das artes escénicas. Nun contexto de pandemia no que o mundo da cultura está a sufrir especialmente os efectos da crise, o Bloque defende que o papel da política, especialmente no ámbito local, debe ser o de axudar ao sector e non prexudicalo”. 

Por último a Asemblea Local do Bloque no Porriño “quere trasladarlle todo o seu apoio e respaldo á compañeira Cami Moreira. Animámola a seguir cun traballo que desde a concellería que dirixe, está a mudar para mellor a programación cultural municipal”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad