Redacción 03/02/2021

O pleno dá luz verde ao inicio do proceso coa aprobación da Memoria que determina que a modalidade económica da xestión directa é máis sostible e máis eficiente.

 

O Consorcio Provincial Contra Incendios e de Salvamento, integrado pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, deu hoxe o paso definitivo para o cambio na prestación do servizo ao modelo da xestión directa.

O pleno extraordinario celebrado esta mañá aprobou por unanimidade a Memoria que vai regular todo o proceso que, unha vez remate a concesión do modelo indirecto o próximo 31 de maio, suporá que un servizo esencial para a cidadanía da provincia como a prestación contra incendios e de salvamento volva á xestión pública. Cómprese así o compromiso que a Deputación de Pontevedra fixo no seu día á parte social, xa que a xestión directa do servizo suporá a subrogación do persoal operativo que traballa nos catro parques do Consorcio: O Porriño, O Morrazo, Ribadumia e Vilagarcía. A sesión telemática, estivo presidida pola presidenta provincial Carmela Silva, e nela participaron o Director Xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, os representantes da Deputación de Pontevedra, e as delegadas en Pontevedra e Vigo pola Xunta de Galicia.

A Presidenta Carmela Silva, agradeceu expresamente “o inxente traballo de todas e todos para conseguir enfrontar en tan pouco tempo este cambio de modelo o que nos permitirá poder cumprir os prazos”, e tamén quixo subliñar “o bo ton de todas as partes, das administracións e da parte sindical, que nos permitiu chegar a un acordo que supón que desde o próximo mes de xuño, unha vez rematada a concesión, o Consorcio xestionará directamente o servizo”. Pola súa banda, o Director Xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, uniuse ás palabras da presidenta, co desexo de que o novo modelo “sexa beneficioso para toda a cidadanía na prestación do servizo”. “Grazas polo traballo a todas e todos durante todo o proceso”, engadiu.

A Memoria aprobada hoxe, que foi elaborada pola Comisión Xurídico-Técnica e levada á consulta coa parte social, reflicte un estudo pormenorizado dos aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financeiros do que supón o cambio de modelo no Servizo de extinción de incendios e salvamento, concluíndo desde o punto de vista económico que a xestión directa é a modalidade máis sostible e máis eficiente.

O resultado do estudo comparativo entre ambos os dous modelos mostra que o cálculo de custos de funcionamento do Consorcio Provincial é menor no caso da xestión directa do Servizo. O documento tamén inclúe o procedemento para a subrogación do persoal traballador e a súa relación xurídica, concluíndo que a figura será, temporalmente, a de persoal indefinido non fixo e que deberán ofertarse as prazas para a súa cobertura definitiva.

A Memoria, que avala así o cambio de modelo no Servizo, pasará agora a exposición pública por un prazo de 30 días naturais, no que se abre o período de presentación de alegacións, para despois ser levada novamente ao pleno do Consorcio para a súa aprobación definitiva. Na mesma sesión se aprobará inicialmente a modificación orzamentaria necesaria para adaptar a estrutura do orzamento de 2021 ao cambio á xestión directa.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad