Redacción 02/02/2021

Sendo un ano marcado pola pandemia do COVID, o Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI (SIL) posibilita as insercións trala colaboración de 500 empresas coas que se contactou 

 

 

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) acadou durante o ano 2020 a inserción laboral de 1.705 persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral para a ocupación habitual.

De entre estas 1.705 insercións, o 57% son homes e o 43% mulleres. Cabe destacar que estas insercións foron posibles nunha das 500 empresas contactadas durante o pasado ano polo servizo SIL. O 63% destas insercións realizáronse en empresa ordinaria e o 37% nunha empresa protexida de economía social.

“Este ano 2020 foi un dos máis complicados, polo que dende o noso servizo intentamos dende o principio adaptarnos ás novas circunstancias, sen deixar de atender tanto ás persoas como ás empresas. O noso obxectivo é lograr a inclusión no mercado laboral, se ben fixemos especial fincapé en atender as necesidades das persoas, quen en moitos casos ían máis aló do laboral”, explica Mary Ínsua Fabeiro. 

O Servizo de Emprego de COGAMI, posto en marcha en 1996 como aposta pola inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral, conta con 18.174 persoas inscritas como demandantes de emprego, o 58% homes e o 42% mulleres.

Como perfil dominante, o 72% destas persoas inscritas teñen recoñecida a discapacidade física e, atendendo á idade, o 25% comprende entre os 18 e 40 anos, o 55% está na franxa de 41 e 55 anos e o 20% restante con idade entre os 56 e os 65 anos. Distribuídas por provincias, o 44,2% das persoas inscritas son da provincia de A Coruña; o 8,4% de Lugo; o 12,4% da de Ourense e o 35% da provincia de Pontevedra.

O servizo de emprego de COGAMI non é alleo á situación económica actual que afecta ao mercado laboral e ao tecido empresarial do país. En palabras da Coordinadora do SIL “apreciamos un descenso do 26% das persoas inseridas no mercado laboral con respecto a 2019, ademais dunha baixada do 37% nas ofertas xestionadas polas empresas”. Mary Ínsua engade tamén que “o descenso tamén se aprecia nas novas persoas incorporadas, durante 2020 un 32% menos porque, aínda que intentamos normalizar a situación, moitas delas teñen medo a saír por mor de contaxiarse de COVID”. 

Aínda así, o equipo formado por 40 profesionais de orientación laboral e axentes de emprego con puntos de atención nas principais cidades galegas e tamén en zona de ámbito rural, realizaron 6.596 orientacións durante o ano 2020 das que 994 foron a persoas novas que pasaron a formar parte do servizo.

O Servizo SIL desenvolve programas específicos para lograr a inserción laboral de persoas que o teñen máis complexo por atoparse nunha situación de risco ou de exclusión social.

Un destes programas é o POISES, que se desenvolve a través de itinerarios personalizados, no que participaron 164 persoas das que o 62% logrou a inserción laboral nalgunha das 142 empresas contactadas, mentres que outras 47 persoas obtiveron algunha cualificación profesional tras seren derivadas a cursos formativos.

Outro dos programas nos que participa COGAMI é o Incorpora de Fundación “la Caixa”, que facilita a incorporación aos cadros de persoal das empresas a persoas con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade, como xuventude en risco de exclusión, vítimas de violencia de xénero, persoas paradas de longa duración e persoas exreclusas. COGAMI logrou que 142 persoas foran inseridas no mercado laboral.

O terceiro programa específico de inserción desenvolvido é +Emprego, para o deseño de itinerarios integrados para a inserción sociolaboral de persoas en situación de risco ou exclusión social. Financiado por Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, e desenvolvido na provincia de Pontevedra, durante este ano 2020 participaron 108 persoas, das que 42 empezaron a traballar e 71 formáronse nalgún dos 7 cursos impartidos por COGAMI.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad