Redacción 11/12/2020

Segundo informa o Concello, a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo rexeitou o trámite do recurso presentado pola Comunidade de propietarios de Fonte da Portela, situada nas naves do polígono do Rebullón.

 

O tribunal supremo non admitiu a trámite o recurso de casación preparado pola representación procesal da entidade e que pretendía anular o Plan Xeral de Mos, aprobado no ano 2017, facendo referencia á inexactitude dos límites co Concello de Vigo. Con esta sentenza, dáse por concluído o trámite xudicial que pretendía anular o Plan Xeral mosense.

O Concello celebra esta decisión xudicial e asegura que a entrada en vigor do plan de ordenación do territorio supuxo “un antes e un depois”, pois observa un “notable aumento” das licenzas urbanísticas. O Concello considera “blindado” o PXOM, se ben aínda están por resolver algúns asuntos relacionados co PXOM e o proxecto urbanístico do Celta no municipio: a modificación puntual do plan para dar cabemento á cidade deportiva e comercial ideada polo Celta debe ser redeseñada de acordo cos informes preceptivos emitidos pola Deputación e o Goberno central.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad