Redacción 11/12/2020

Deste xeito completa xunto á vela e o fútbol “a tríade rexia das federacións deportivas galegas”

Lete Lasa expuxo os motivos que fan á Federación Galega de  Motonáutica acredora deste título que a cualifica como “magnífica e grandiosa”

 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación do título de Real concedido á Federación Galega de Motonáutica e que foi celebrada na Casa do Deporte de Vigo. Nas verbas do mandatario galego, “que unha federación galega ostente o título de real, é unha noticia marabillosa e que fala do ben que está a facer as cousas o deporte galego, máxime en tempos de pandemia”. 

A Real Federación Galega de  Motonáutica, dixo Lete Lasa, “vén completar a tríade rexia das federacións deportivas galegas que se completa coa de vela e a de fútbol”, un recoñecemento acadado despois que a finais do 2019 deran comezo uns trámites apoiados en todo momento pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e que remataron o pasado 25 de novembro cando José Fernández Prado, presidente da Federación Galega de  Motonáutica, recibía a concesión, por parte de  S.M. O Rei, do título de real.

O responsable da carteira autonómica de Deporte, acudiu ao dicionario para amosar que realeza tamén significa “magnificencia, grandiosidade propia dun rei” e a continuación expuxo os motivos que fan á Federación Galega de  Motonáutica acredora deste título que a cualifica como “magnífica e grandiosa”. “O seu traballo na organización de eventos nacionais e internacionais de destacada relevancia como o pasado Europeo de Endurance en Sanxenxo, os méritos logrados polos deportistas galegos nos últimos anos, o traballo en  prol do deporte adaptado e no ámbito da muller ou a defensa e coidado do medio ambiente son algúns deles”, enumerou.

Cara a fin do seu discurso, Lete Lasa asegurou que a Real Federación Galega de Motonáutica “seguirá traballando en proxectos tan ilusionantes como o Mundial de  Endurance que, se todo vai ben, gozaremos en 2021 en Baiona”.

 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad