Redacción 13/10/2020

A ciclista campioa do Louriña Cycling Team e a porriñesa e subcampioa Chus Barros do C.C. Spol, fixeron cronos cunha diferencia 1′ 33” segundos na proba disputada en Baños de Molgas

Ana Mª González Cuña igualmente ciclista porriñesa, tamén subiu ao pódium no 3º posto da categoría Sub 40

 

 

O Campionato Galego Contra Reloxo disputábase sobre un circuíto de 13 km, na vila termal de Baños de Molgas, con saída e meta no Santuario dos Milagres.

A triatleta Aida Valiño, flamante fichaxe do novo equipo ciclista porriñés Louriña Cycling Team -produto da fusión entre Máster da Louriña e A.D. Avanza- proclamouse campioa galega de contra reloxo individual 2020, na categoría elite.

Cun crono de 19:36, Aida amosou a súa calidade, pois “hai que ter en conta que reincorporouse  á competición,  despois de estar alonxada do ciclismo nestes últimos anos, tras da súa maternidade e de sufrir dous accidentes de tráfico cando adestraba.

Na mesma categoría, a porriñesa “Chus” Barros, do C.C. Spol foi subcampioa de Galicia cun tempo de 21:09.

No que atinxe á categoría elite masculina, o ciclista Roberto Mediero, do LouriñaCyclingTeam, foi medalla de bronce, a 1:13 do gañador, Samuel Blanco. Por outra banda o seu compañeiro de equipo, Gustavo Rodríguez, que partía como favorito ao título, rematou cuarto a consecuencia dun pinchado que rebaixou as súas posibilidades.

Na categoría cadete masculino, Roberto Pereira da A.D. Avanza, foi 3º cun crono de 21:00, a 19″ do gañador.

Finalmente, en categoría Máster 40 masculina, Carlos Iván Vidal de Sa do Louriña Cycling Team, foi medalla de prata; e na categoría Máster 40 feminina, a tamén porriñesa Ana Mª González Cuña do Mitto X-Sauce Berria, que foi bronce. 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad