Redacción 13/10/2020

Uxía Soto, André Martínez, Aroa Otero foron os protagonistas da Escola Deportiva Avanza

 

A escola de ciclismo Avanza fixo fronte a unha intensa fin de semana de ponte, participando nas distintas probas que se levaron a cabo na fin de semana.  Unha pequena delegación desprazábase a primeiras horas da mañá do venres desde as instalación de Tramo Libre camiño da Comunitat Valenciá para disputar dúas xornadas de ciclocross.

Na xornada do sábado unha representación de catro corredores, Uxía Soto e André Martínez, ambos da categoría “Cadete”, David Fernández “Sub23” e na categoría “Élite” Luís Fernández, acudían ao Concello valenciano de Aiacor para participar na VII Ciclo-Cross Aiacor 2020.

Nesta proba, Uxía conseguía o primeiro podio da fin de semana o subir o mais alto do podio. Na xornada do domingo desprazáronse ata a localidade de Sueca onde a representación da A.D. Avanza xa contou con mais representantes, ao incorporarse para participar na primeira proba de copa de España Aroa Otero, Noe Pérez, Martín Sestelo e Marta Estévez.

Para a primeira proba da Copa de España presentabase un circuíto polvorento que ao igual que o día anterior en Aiacor, de velocidade con largas rectas e viraxes de 180°, que obrigaba aos riders a poñer a proba as súa destreza para afrontar eses cambios de ritmo brutais.

A primeira hora da mañá na categoría cadete, André Martínez conseguía entrar na 3ª posición; acto seguido a categoría cadete fémina con tres representantes brindaron un gran espectáculo, a pesar de que se lle escapou a primeira posición aos integrantes da escola deportiva, sí estiveron presentes con Uxía Soto, que conseguía entrar en 2ª posición, a tan só 10”  da primeira posición. Para a 3ª posición, Aroa Otero conseguía descolgarse das súas rivais na última volta, logrando o terceiro podio do día para a Escola de Ciclismo Avanza.

Tamén compre destacar o traballo realizado por Marta Estévez que conseguía rematar en 6ª posición rematando as tres integrantes da escola na categoría no top ten. Na categoría Sub 23, David Fernández conseguía entrar no top ten o entrar 10º; e na categoría Elite, Luís Fernández “Oli” remataba no posto 14º.

De volta en Galicia a A.D. Avanza tamén estivo representada o luns,  no Campionato Galego de CRI que se celebrou na vila Ourensá de Baños de Molgas, por sete riders das categoría Cadete e Júnior.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad