Redacción 03/04/2019

Xa está aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 12 de abril

 

 

O Concello de Mos e EVD Galicia organizan conxuntamente o Campamento Infantil de Semana Santa 2019 que leva por título Artistas na Natureza.

Realizarase os días 15, 16, 17 e 22 de abril na Aldea Alfacuca e, en caso de choiva, trasladaríase á Ludoteca de Louredo. As idades dos participantes deberán estar comprendidas entre os 3 e os 12 anos. O prezo por un día de participación é de 8 € e polos 4 días de 30 €.

Os participantes contarán con obradoiros e actividades ao aire libre así como xogos tradicionais e iniciativas de artesanía e reciclaxe.

O horario será de 9.00 a 14.00 h, aínda que os proxenitores interesados poderán solicitar o Plan Madruga de 8.00 a 9.00 h, así como tamén o servizo de comedor de 14.30 a 15.30 h. O campamento tamén contará  con servizo de transporte.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 12 de abril e para máis información poden dirixirse ao número de teléfono 986 33 94 04, ou por correo electrónico a omix@concellomos.es

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad