Redacción 10/12/2018

Aínda quedan prazas libres para os talleres de manualidades do vindeiro sábado na Biblioteca e en San Eleuterio

 

 

O Concello de Mos informa de que hoxe abriu o prazo de inscrición no Campamento de Nadal para Escolares e na actividade SurfeaMos no Nadal, así como de que aínda quedan prazas vacantes para poder participar nos talleres navideños de manualidades que o vindeiro sábado se impartirán na Biblioteca Municipal e no Local Social de San Eleuterio.

O sábado 15 de decembro impartirase un obradoiro infantil de manualidades de Nadal en horario matinal de 11:00 a 13:30 h tanto na Biblioteca Municipal na Porteliña como no Local Social de San Eleuterio. É precisa inscrición previa no correo electrónico omix@concellomos.es e no teléfono 986 339 404. Vai dirixido a nenos de 5 a 12 anos de idade e as inscricións poden formalizarse ata o día 12 de decembro.

A actividade SurfeaMos  no Nadal realizarase os días 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 9:15 a 14:30 h dirixida a mocidade de 10 ata 17 anos preferentemente. Ten un prezo de 39 euros e as incricións poderán realizarse dende hoxe día 10, ao 21 de decembro.

O Campamento de Nadal para Escolares será os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:30 h no Colexio Mestre Martínez Alonso, Castro-Mos, cun prezo de 55 €. As inscricións deberán realizarse entre hoxe e o 19 de decembro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad