Redacción 10/12/2018

A Xunta de Galicia subvenciona este taller de 9 meses de duración con preto de 300.000 €

 

O pasado venres tivo lugar a presentación do Obradoiro Municipal de Emprego “Mos Rehabilita II”, no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos contando coa asistencia de Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Óscar Soto, concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, os integrantes do equipo de dirección e docente do Obradoiro Mos Rehabilita (un total de 5 persoas) e os 20 alumn@s-traballadores do Obradoiro“Mos Rehabilita II”.

O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, animouao alumnado a “aproveitar a oportunidade de formarse e acceder a un traballo”. Deullesa benvidaaos 20 alumn@s que iniciaron a súa formación no “Mos Rehabilita II”, o Obradoiro de Emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello mosense.

Ademais o representante autonómico puxo en valor o ambicioso obxectivo da carteira autonómica con esta nova programación de obradoiros, 105 na convocatoria 2018-2019. López-Chaves animou ao alumnado destes talleres a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brinda e formarse para acceder a un posto de traballo” e fiso especial fincapé  no esforzo inversor do Goberno galego a prol do fomento do emprego.

Respecto a esta nova edición do Mos Rehabilita, destacar que entre as propostas a levar a cabo durante o mesmo, figuran a restauración de muíños e lavadoiros e a recuperación de zonas forestais degradadas, así como o mantemento de zonas verdes.  

O grupo de forestal-xardinería actuará no Parque Empresarial PEMOS Veigadaña, Costoias, Camiño de Santiago, Paseo do Louro, Parque de Queirón en Louredo, Parque da Pateira en Mos, na Rans-Tameiga, Enxertado-Louredo, no entorno do Colexio de Atín e en diversos outros parques e zonas verdes de titularidade municipal para realizar tarefas de repoboación, corrección hidrolóxica, mantemento e construción de zonas degradadas, roza e mantemento de camiños forestais, poda e clareo.

Pola súa banda o grupo de albanelería centrarase en reformar e mellorar fontes e lavadoiros do municipio, así como o edificio do Centro Cultural San Martín de Tameiga en Costoias; e de manter e conservar as fontes e lavadoiros xa rehabilitados na primeira edición de Mos Rehabilita.

O Obradoiro  “Mos rehabilita II”, terá unha duración de 9 meses e para a súa realización o Concello solicitou unha axuda de 288.807 €, concedida pola administración autonómica. Este taller vai destinado a un total de 20 alumn@s-traballadores e conta con dúas especialidades: albanelería e forestal-xardinería.

Tanto a especialidade de forestal-xardinería con 10 alumn@s-traballadores -3 mulleres e 7 homes-, como a de albanelería con outros 10 alumn@s-traballadores -5 mulleres e 5 homes- formaraos en materias complementarias tan diversas como sensibilización ambiental, alfabetización informática, técnicas de busca de emprego e de creación de empresas, formación para a igualdade e prevención de riscos laborais.

Ata o de agora, os obradoiros de emprego ofrecían ás persoas sen traballo cualificación e un contrato de aprendizaxe durante 9 meses. Agora, ademais, a Xunta apoiará a contratación, como mínimo de 3 meses e a xornada completa, nunha empresa, onde os alumnos e alumnas do obradoiro poderán realizar as súas prácticas. A actuación do Goberno galego combina, polo tanto, a formación co desenvolvemento dun traballo efectivo, xa que as persoas beneficiarias disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a súa participación nesta actividade.

Outra das novidades desta convocatoria de axudas é que puideron concorrer ás mesmas non só os concellos (entre os que se deu prioridade aos concellos emprendedores como Redondela e Mos no caso da área de Vigo), asociacións de entidades locais e mancomunidades, senón tamén entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións. Así mesmo, a través da participación neste programa, os alumnos e alumnas seguirán recibindo, ao remate da formación, un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. 

 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad