Redacción 23/05/2015

Xunto ó candidato de Esquerda Unida e da coordinadora nacional do partido tamén interviron Pedro Ocampo e Blanca Francés

O pasado xoves 21 de maio estivo, no Parque do Cristo do Porriño, Yolanda Díaz, a vicevoceira de AGE no Parlamento galego e Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, para apoiar a candidatura de Esquerda Unida-son Porriño.

Yolanda Díaz quedou entusiasmada coa ilusión que flotaba no ambiente e defendeu a necesidade dun proceso de ruptura democrática, que comence nos concellos e se acabe trasladando a todo o Estado; tal e como ocurriu nas municipais que trouxeron a 2ª República.

No acto interviron tamén Blanca Francés (nº3), que presentou o acto e fixo un emotivo discurso de defensa das políticas de esquerda comprometidas co pobo; Pedro Ocampo (nº 2) que deu as gracias ós candidatos e candidatas e a todalas persoas que apoiaron e traballaron como un, e unha máis, nesta campaña: “non imos tomar nin unha soa decisión importante sen consultar á xente que apoia esta candidatura e aposta por políticas de esquerda; van a entrar con nós no Concello”.

Por último falou Ricardo Canosa, candidato á Alcaldía de Esquerda Unida-Son Porriño, que remarcou a necesidade de democratización e transparencia no noso Concello e de facer economía para as persoas. Ademais propuso medidas para paliar os efectos da crise.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad