Redacción 23/05/2015

O cineasta ofrecere hoxe pola mañá o Coloquio na Leira de Alicia e colocará a súa estrela no Torreiro das Estrelas

A música encherá os camiños e corredoiras de Cans dende a mañá ata a ben chegada a noite, co concerto de Def Con Dos (Dos Tenores)   

Onte coñecéronse os primeiros gañadores desta XII Festival de Cans: o xurado dos videoclips elixiu “Magma y Trueno”, de Guerrera e o público, “Floating”, de Mequetrefe.   

O público tamén elixiu a obra gañadora da edición 2015 da Can Parade, que foi a ideada por Roi Domínguez

O Festival de Cans chega mañá sábado ao día grande deste edición “unha ducia” despois de tres días intensos, nos que grandes nomes do audiovisual do Estado como Daniel Guzmán, Luís Tosar ou Javier Gutiérrez compartiron conversa, diversión e agroglamour con profesionais galegos, xente nova, veciños e público xeral. Mañá sábado, será o director José Luis Cuerda quen protagonice dous dos momentos máis especiais do día grande do Festival: o coloquio na leira de Alicia e a colocación da súa estrela no Torreiro das Estrelas.

Outro dos momentos máis agardados esta edición é o concerto de Def con dos (Dos Tenores), á media noite, no Torreiro de Cans. Def con Dos trae a Cans o seu novo formato en directo Dos Tenores, no que Peón Kurtz, J. Al Andalus e César Strawberry recuperan o espírito dos seus comezos, cando trasladaron á súa realidade os sons máis hiphopeiros dos anos oitenta. Recuperan parte do mellor dos seus primeiros discos e engádenlle vangardistas mesturas feitas por compañeiros de batalla e seis novos temas, que farán vibrar un Torreiro que xa pola tarde se encherá para bailar os ritmos rockeiros e cantareiros de Sés, unha artista comprometida e libre, sentimental e enérxica que coñece ben o Festival e outro dos seus espazos paradigmáticos, o Cans Voulevar, onde actuou na décima edición. Mañá no Voulevar actuarán Blues do País, Adrián Costa e Quempallou.

Actividades de todo tipo e para todos os gustos

O día grande arrinca cedo, ás 10 da mañá, con tres actividades, para todos os públicos: no Parque do Río comezará a funcionar o espazo infantil, na Igrexa de Cans arrincará o CanSonoro capitaneado por Xurxo Souto e nos baixos e cubertos da aldea comezará a primeira sesión do pase matinal das curtas a concurso. As proxeccións continuarán ao longo de todo o día, tanto das pezas que participan na sección oficial como do material complementario que se proxectará nas dúas salas máis populares do festival: o Jalpón Fri e a Sala Multiusos, que se complementa coas actuacións no Jaliñeiro Unplugged. No primeiro presentará o líder de Def con Dos, César Strawberry, unha retrospectiva dos videoclips e o seu libro Margen de maniobra e proxectarase a creatividade galega máis fresca e desenfadada, nunha selección das webseries do momento, e máis o documental de Enrique Otero Funes, o inventor da lúa.

A Sala Multiusos e o Jaliñeiro Unplugged acollerán a presentación de Dos gaiteiros do Mar, de Xurxo Souto, e a actuación dos seus protagonistas, Manuel Sotelo Manoliño de Donón e Lito Pinténs, no que sen dúbida será un dos momentos máis emotivos desta edición. Despois, será Davide Salvado quen proxectará o seu novo videoclip, Lobos, e ofrecerá un adianto do seu novo disco. E finalmente o colectivo Poetarras ofrecerá unha retrospectiva e unha actuación no Jaliñeiro.

Primeiros gañadores

Onte coñecéronse os primeiros gañadores desta XII Festival de Cans. O xurado dos videoclips decidiu premiar o do tema “Magma y Trueno”, de Guerrera, dirixido por Adrián González e Rafael Pérez, por conseguir un equilibrio perfecto entre a proposta estética e a música e por crear un ambiente cativador ao mesmo tempo que transmite a inquietante expesura da música a través dunha proposta moi arriscada pero efectiva. O público, pola súa banda, elixiu “Floating”, de Mequetrefe, dirixido por Xaime Miranda Méndez, en dura loita con “Sonhos de raiva”, de Liska!, dirixido por Paulo Bouzas Fernández. O público tamén elixiu a obra gañadora da edición 2015 da Can Parade, que foi a ideada por Roi Domínguez.
 

MiniCans

Dentro da programación infantil, o MiniCans, o Baixo de Carlos acollerá ás 11h a proxección de A tropa de Trapo na Selva do Arco da Vella e, ás 13h30, Muller Cine, un espectáculo que combina a música do piano de Suso Alonso coa recreación de personaxes de todos os tempos e proxectados sobre o enorme vestido utilizado a modo de pantalla de Blanca Cendán. Despois de xantar, ás 16h, abriranse as proxeccións na Caixa de Mistos, no Parque do Río, coa proxección do clip Rui e as Baleas, coa presenza do protagonista Rui Sío, do produtor Carlos Blanco e do director Carlos Lago (O Terser Home).

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad