Redacción 12/05/2015

O cheo absoluto e a entrega do público caracterizaron o que foi o terceiro acto de campaña dos populares mosenses

O PP de Mos encabezado pola súa candidata á Alcaldía e actual alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, iniciou o pasado venres 8 de maio a súa ronda de visitas ás 10 parroquias mosenses para presentar o seu proxecto electoral.

Os populares mosenses estiveron acompañados e apoiados onte pola tarde na parroquia de Sanguiñeda, onde se reuniron na Asociación Cultural Ledicia, polo Secretario Xeral do PPdeG e Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela.

Rueda destacou, durante a súa intervención, a importancia do papel xogado por Nidia Arévalo na xestión e resolución de asuntos de vital importancia para Mos como son a revogación do trazado da nova autovía Vigo-Porriño e a implantación e posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano a pesar dos impedimentos postos polo Concello de Vigo e o seu alcalde, Abel Caballero.

Alfonso Rueda falou tamén da alcaldesa e a súa defensa de Mos por riba de todo. “Cando se pon a funda de traballo e ven á Xunta non cesa ata conseguir as axudas necesarias para este Concello, cunha actitude persistente e férrea que é o pesadelo de conselleiros e secretarios xerais cando nos visita”, comentou con humor o Vicepresidente autonómico.

Outro punto de gran relevancia abordado no encontro celebrado onte en Sanguiñeda foi o Plan Xeral de Ordenación Municipal. A candidata pola parroquia de Guizán e actual concelleira de Urbanismo mosense, Julia Loureiro, e expuxo todos os detalles sobre a implantación do PXOM que será aprobado definitivamente nun prazo dun mes.

A candidatura do PP mosense logrou onte en Sanguiñeda un cheo a rebosar que esperan manter nas súas visitas diarias ás parroquias que, ata o día 22 de maio, sumarán un total de 14.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad