Redacción 09/05/2015

O candidato á Alcaldía Pedro Pereira presentou aos representantes dos empresarios a proposta do grupo nacionalista para potenciar o sector no Porriño

A candidatura do BNG-Asambleas Abertas reuniuse este venres con representantes dos empresarios dos Polígonos Industrias da Granxa e As Gándaras. O candidato á Alcadía do Porriño, Pedro Pereira, trasladoulles as propostas do programa nacionalista en materia de industria, que pasan por mellorar os servizos dos polígonos do concello para fomentar o asentamento de novas empresas.

A posta en marcha dun transporte que conecte o centro urbano e o transporte metropolitano coa zona industrial; a creación dunha Mesa Municipal polo Emprego, para abrir un marco de diálogo entre os diferentes actores e promover a xeración de postos de traballo; así como a apertura dunha gardería, que favoreza a conciliación laboral, foron algúns dos temas presentes no encontro.

Os representantes dos empresarios concordaron na necesidade de potenciar estes servizos, e reclamaron un aumento das partidas para a conservación e o mantemento dos polígonos, perante o abandono do actual goberno.

Ademais, o BNG constatou que a privatización dos servizos de lixo e auga están a supoñer unha maior carga para as empresas dos polígonos. Alén de dispararse o prezo, os voceiros dos empresarios criticaron que o servizo non rexistrara ningunha mellora durante os últimos catro anos. Pedro Pereira asegurou, como xa adiantara, que a formación nacionalista traballará para recuperar a xestión pública destes servizos, como medida de aforro e mellora da eficiencia dos mesmos.

O candidato do Bloque propuxo establecer un mellor ordenamento dos polígonos, coa creación de zonas industriais sectoriais, que minimicen o impacto social e dinamicen o sector. Representando aos empresarios estiveron na reunión o presidente da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono da Granxa, Indalecio Cuevas, o xerente da mesma, David Sobral, e o presidente da Asociación Empresarial do Polígono das Gándaras, Santiago Gómara.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad