Redacción 04/05/2015

A candidata popular mosense desvelou neste acto que na presente lexislatura investíronse en Mos un total de 10 millóns de euros aportados por outras administracións

Hoxe celebrouse a presentación da candidatura de Nidia Arévalo polo PP de Mos. Tivo lugar no Multiusos das Pozas (parroquia de Petelos) e asistiron á mesma Ana Pastor, Ministra de Fomento, Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia e do PPdeG e Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra e do PP provincial. Arévalo estivo, polo tanto, arroupada polas principais autoridades das administracións estatal, autonómica e provincial que o son tamén, á súa vez, do Partido Popular a nivel nacional, galego e provincial.

Na súa intervención a candidata popular mosense e actual alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, falou sobre os catro últimos anos de goberno local destacando o traballo feito en materia de emprego, o remate do Plan Xeral de Ordenación Municipal que se porá en marcha na vindeira lexislatura, a revogación do trazado da nova Autovía Vigo-Porriño que tanto afectaría ó municipio e a xestión dun total de 10 millóns de euros que foron investidos en Mos por outras administracións, sen contar as axudas que a día de hoxe se atopan xa comprometidas. Esta cifra significa que de media as administracións estatais, autonómicas e provinciais investiron ó ano en Mos 2,5 millóns de euros.

Arévalo declarou que “resumiría estes catro anos como imprescindibles en acadar cuestións de máxima importancia como rematar o saneamento das augas case na totalidade, rematar por fin os tan necesarios traballos do PXOM, mellorar tódolos servizos e infraestruturas e, por suposto, o que máis nos preocupa a todos e a min especialmente: o emprego dos e das mosenses. Levamos catro anos poñendo nas mans dos veciños as ferramentas necesarias en materia de emprego, para facilitarlles todo o posible a solución ó problema do desemprego presente polo momento, sen escatimar esforzos nin orzamento, sendo para nós o máis importante no día a día, sen dúbida”.

Pola súa banda tanto Pastor como Feijóo e Louzán coincidiron en destacar o traballo, a perseverancia, a constancia e a insistencia da que calificaron como “unha alcaldesa incansable que non se dá por vencida á hora de buscar fondos para construír un mos mellor”, dixeron. “Cunha candidata destas características Mos sí que ten futuro e os mosenses deben elexir futuro e van elexir futuro”, asegurou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo.

Outra parte importante do acto foi a explicación do programa electoral. Despois do labor feito nesta lexislatura, os membros do comité local do Partido Popular mosense e un equipo humano de veciños e profesionais iniciaron un mes de traballo para elaborar un programa realista, ambicioso e sobre todo pensado por e para as persoas. Ó longo de dito de dito programa desenvólvese a folla de ruta para a vindeira lexislatura, que será a lexislatura das persoas, centrada en catro pilares fundamentais:

1.      Benestar Social

2.      Emprego

3.      Transporte

4.      Espazos verdes, de ocio e de cultura

En materia de Emprego e Formación o programa electoral do PP mosense plantexa Mos como territorio de oportunidades. Neste sentido Arévalo explicaba que “sabemos que o emprego é máis que nunca a preocupación máxima das veciñas e dos veciños polo tanto, é a nosa prioridade, o noso gran obxectivo transversal. Podemos presumir de espírito emprendedor capacidade de innovación, creatividade e talento. Por iso, dedicaremos todos os nosos esforzos a apostar pola formación, a información, o emprendemendo, a innovación e a economía do coñecemento, que xunto coa estabilidade e a confianza, conducirán á creación de novos postos de traballo e a atraer novos investimentos”.

En canto ó transporte, porase en marcha o Transporte Metropolitano que conecta o Concello de Mos co resto de concellos da área, mellorando as conexións xa existentes cun importante abaratamento do servizo para os usuarios. Sobre este Transporte Metropolitano susténtase o Novo Plan de Transporte Municipal, en estudo actualmente para a súa aprobación, pola Consellería de Mobilidade da Xunta de Galicia, e que conectará as parroquias sen servizo coas paradas deste Transporte Metropolitano garantindo deste xeito a mobilidade de todas as parroquias tanto entre elas como con outros concellos metropolitanos.

O Plan de Transporte Municipal contará cunha frecuencia de dous horarios de mañá e dous de tarde en liñas circulares que comuniquen as parroquias de Guizán, Torroso, Dornelas, Louredo, Mos, Pereiras e Cela, con Peinador, Tameiga, Petelos e Sanguiñeda, onde se atopan as paradas do Transporte Metropolitano.

Outra área á que fixo referencia á candidata á Alcaldía foi a de Seguridade, carteira cuxa xestión leva ela persoalmente como alcaldesa. As premisas que contempla o programa electoral do PP de Mos en materia de Seguridade Cidadá son: aprobación da ordenanza de seguridade cidadá, ampliación de medios materiais (etilómetros, sonómetros para medio ambiente, etc.) e recursos humanos da Policía Local; ampliación e renovación parque móbil; oficina móbil; mellorar a coordinación e colaboración cos distintos corpos de seguridade e emerxencias no Concello (Garda Civil , Garda Civil de Tráfico, Bombeiros…); dotación dun sistema de comunicacións integrado para os servizos de seguridade do Concello; solicitar e mediar ante o organismo competente para un posto de Garda Civil principal; e crear unha unidade policial de xestión e control medioambiental.

Como novidade do programa electoral Arévalo presentou hoxe a proposta Mos Dixital, coa que se presende, durante a vindeira lexislatura, xeneralizar a e-administración real por medio dunha WEB 2.0 interactiva que permita a comunicación bidireccional entre o cidadán e o Concello, resolver e facilitar a maioría dos tramites de cidadáns e empresas, publicar toda a información municipal que poida interesar (concursos e adxudicacións, orzamentos municipais, guías de servizos, servizos sociais, guías de empresas e comercios, turismo, Oficina de Atención ao Consumidor, trámites de Padrón, licenzas de obra, certificados, tributos, información sobre bolsas, cursos, descarga de formularios e documentos, caixa de suxestións, bolsa de emprego aberta a empresas e cidadáns, bolsa de alugamento de vivenda, taboleiro de anuncios e calquera outra xestión ou información que se poida realizar con esta ferramenta), fomentar un canal automático de comunicación do cidadán coa administración para recoller denuncias, suxestións, propostas e preguntas; fomentar as comunicacións Concello-cidadán con validez legal para comunicacións, multas, etc. a semellanza da Dirección Xeral de Tráfico; informar sobre o uso das Novas Tecnoloxías na administración local e difundir o seu uso para que os cidadáns poidan optimizar as diferentes opcións; elaborar “Guías de usuario” para facilitar os trámites coas administracións (como facer para pagar recibos, para pagar ou recorrer multas, solicitar un DNI electrónico ou un certificado electrónico, etc.) Tamén se incluirá o Servizo de Foto Denuncia Municipal a través da web do Concello.

E a proposta estrela que é a de activar “áreas WIFI” en zonas urbanas, determinados centros públicos ou zonas de ocio (zona As Pozas, contorno Pazo de Mos, Puxeiros, Sanguiñeda, San Rafael, San Antoíño, San Eleuterio etc.). Ademais contémplase a posta en marcha dun plan de implantación de internet de alta velocidade fibra óptica no municipio, mediante acordos cos operadores e obra pública, que estaría dividida en dúas fases. Na primeira fase irían os colexios públicos, instituto e centros educativos, administracións e locais municipais, zonas empresariais e zonas urbanas; quedando as zonas máis rurais para unha segunda fase.

Outras propostas incluídas no plan Mos Dixital son as de ofertar vantaxes fiscais e axudas para as empresas que realicen contratación de persoal local ou residente para a área de I+D e organizar cursos de formación gratuítos en novas tecnoloxías, internet e redes para axudar ós cidadáns nun mundo cada vez máis tecnolóxico.

Nidia Arévalo presentou tamén, como non podía ser doutro xeito, ós integrantes da súa candidatura que, incluída ela mesma, son:

1. Dona Nidia María Arévalo Gómez

2. Don Óscar Soto Abadín

3. Dona Julia Loureiro Campo

4. Don Alberto Méndez Lago

5. Don José Luis Alonso Seijo

6. Dona María Raquel Monzón Otero

7. Don Cándido Pérez Rodríguez

8. Dona Sara María Cebreiro Alonso

9. Don Camilo Augusto Martínez

10. Don Isidoro José Táboas Moldes

11. Don Baldomero Lorenzo García

12. Don Camilo Grandal Pérez

13. Dona Montserrat Pereira Troitiño

14. Don Leopoldo Costas Alonso

15. Dona Lourdes José Davila

16. Don Alberto Cuevas Lorenzo

17. Dona Lucía Blanco Campo

SUPLENTES

1. Don José Areal Giráldez

2. Don Luis Sousa Sousa

3. Don Roberto García García

4. Dona Laura Méndez Senlle

5. Dona María de los Ángeles Senlle Martínez

6. Don Luis Álvarez Loureiro

7. Dona Rosa Rodríguez Carrera

8. Dona María Tania Rodríguez Jorge

9. Don José Manuel Costas Alonso

10. Don José Alonso Leirós

De dita lista Arévalo destacou a súa aposta pola continuidade dos números 1 ó 10 e as novidades incluídas nos postos 11 e 12. “Do 1 ó 10 mantéñense as mesmas persoas e nos mesmos postos que actualmente ocupan os cargos de concelleiros e concelleiras no equipo de goberno local; continúan porque eu confío neles e os veciños e veciñas de Mos tamén confían, son traballadores incansables que durante os últimos catro anos primaron os intereses xerais do municipio deixando moitas veces a un lado ás suas familias e vidas persoais”, declarou a candidata popular.

A lista do PP de Mos está composta por un total de 27 persoas, 17 en cabeza e 10 suplentes. 12 son mulleres e 15 homes. Entre estas 27 persoas prima a xuventude, aínda que tamén é moi importante a experiencia dos máis veteranos. En palabras da propia cabeza de lista “todos teñen moito que aportar para poñer en valor os ideais que representamos”.

Neste sentido Nidia Arévalo facía referencia ó arduo e duro labor que supuxo para ela a elección dos membros da lista electora. “Foi unha tarefa moi difícil posto que todos, tanto os que van na lista como os que non, son membros do comité local do PP de Mos e levan traballado moito polo partido”, dixo, e continuou aclarando que “pido perdón ós que quedaron fóra pero tamén quero trasladarlles que conto co seu apoio e que todos son de vital importancia para min”.

Por último Arévalo abordou ás dúas principais novidades da súa lista electoral: o número 11, Baldomero Lorenzo García, e o 12, Camilo Grandal Pérez. Sobre Lorenzo Nidia Arévalo declarou que “é unh home sobradamente coñecido na parroquia de Louredo, activo traballador a prol da súa parroquia e persoa altamente valorada polos seus conveciños”. Respecto de Camilo Grandal apuntou que “sobran as palabras, xa que todo Mos é sabedor do gran labor de tantos anos por el realizado na parroquia de Torroso, presidente da Comunidade de Montes e cunha andadura histórica no Círculo Cultural e Recreativo de Torroso e nas Banda de Música Xuvenil e Escola de Música de Torroso, dende o ano pasado a parroquia presume dun Centro Dotacional que foi posible, en gran medida, á súa xestión á fronte da Presidencia da Comunidade de Montes de Torroso”.

“En definitiva, acompáñanme nesta lista o mellor de Mos que sei que, de contar o 24 de maio co apoio dos veciños e veciñas, fará o mellor para Mos durante os próximos catro anos”, concluiu a candidata do PP á Alcaldía mosense.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad