mos

Redacción 26/04/2020

O xulgado nº 2 de Porriño emitiu o pasado 6 de marzo un auto no que se declaran sobresidas de maneira provisional as acusacións de desordes públicas formuladas pola alcadesa de Mos, Nídia Arévalo, e o Ministerio Fiscal contra os veciños polos incidentes acontecidos durante un coloquio sobre o proxecto do Celta no concello, o pasado 24 de setembro. Porén, o auto si observa un posible delito leve de lesións.

Redacción 24/04/2020

O Ministerio de Transición Ecolóxica emitiu o día 1 deste mes de abril un informe desfavorábel sobre a modificación do PXOM proposta polo goberno de Mos co obxectivo de proporcionar cabemento legal ao macroproxecto urbanístico do Celta no municipio.  Este informe, cuxa solicitude fora remitida polo propio goberno local, supón un novo atranco e súmase a outros dous ditames desfavorábeis do Ministerio de Fomento e da Deputación provincial relativos á seguridade viaria.

Redacción 23/04/2020

A Directora da Axencia de Turismo reuniuse este xoves con múltiples alcaldes da rede de Xeodestinos galegos, entre os que se encontra o Concello de Mos, para tratar a situación do sector turístico na Galiza e como este pode afrontar a actual situación de crise e o seu futuro. Nava Castro tamén informou aos representantes das corporacións locais sobre as iniciativas da Xunta neste ámbito.

Redacción 22/04/2020

O consistorio mosense comezou ao inicio desta semana os preparativos para a reapertura de portas para atención ao público. Tales traballos inclúen a realización de sesións de formación para o persoal, a reestructuración dos labores desempeñados polas traballadoras e a desinfección e adaptación das dependencias da casa do Concello. Deste xeito, as cidadás de Mos que precisen realizar algunha xestión presencial no concello poderán facelo despois do 11 de maio, previa concertación telefónica dunha cita.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad