Redacción 24/04/2020

O Ministerio de Transición Ecolóxica emitiu o día 1 deste mes de abril un informe desfavorábel sobre a modificación do PXOM proposta polo goberno de Mos co obxectivo de proporcionar cabemento legal ao macroproxecto urbanístico do Celta no municipio.  Este informe, cuxa solicitude fora remitida polo propio goberno local, supón un novo atranco e súmase a outros dous ditames desfavorábeis do Ministerio de Fomento e da Deputación provincial relativos á seguridade viaria.

 

O informe do Ministerio de Transición Ecolóxica analiza as implicacións que o proxecto ten para os recursos hídricos do Concello. O documento sinala unha serie de eivas técnicas e xurídicas en relación á modificación do PXOM no tocante ás previsións de demanda de tales recursos e de como estas poderían afectar ao abastecemento. Amais, o informe acha tamén eivados os plans para o tratamento de aguas residuais e de aprovetiamento de aguas pluviais, e pide máis concreción ao Concello.

Un dos puntos máis polémicos do proxecto da Alcaldía de Mos e do club deportivo atingue ás consecuencias do mesmo sobre as augas de regadío de réxime privada ou comunal. O informe apunta, neste sentido, ás contradicións na documentación aportada e a súa inadecuación á lei. Os veciños e comuneiros do Monte de Tameiga levan tempo denunciando as posíbeis consecuencias do proxecto do Celta e dos plans do Concello para os recursos hídricos comunais, e advirten de que de se levaren a cabo os plans previstos pola administración, moitos regachos ficarían inutilizábeis. Un extenso informe técnico publicado o pasado xaneiro por unha empresa especializada e solicitado pola Comunidade de Montes de Tameiga incide na falta de xustificación do moitos aspectos do proxecto e sinala os perigos para os acuíferos, informando así en contra da tramitación da modificación do PXOM.

O pronunciamento desfavorábel do Ministerio posúe carácter preceptivo, polo que obrigará ao Concello a modificar os seus plans de ordeación territorial, mesmo se a primeira pedra do proxecto xa foi instalada en novembro do 2019. Complícase desta maneira un dos proxectos máis polémicos da alcaldesa Nidia Arévalo, quen terá tamén que afrontar xunto co presidente do Celta, Carlos Mouriño, unha denuncia por prevaricación interposta pola Comunidade de Montes de Tameiga en relación á adxudicación do proxecto.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad