A primeira conversa realizarase mañá ás 12.00 horas en directo desde o Instagram do Concello entre Alba Alonso, mestra experta en igualdade, e Alem, mozo trans moi vencellado a Mos.
25 usuarios do programa municipal Exercítate, interrompido polo COVID-19, farán mañá ás 10 horas a primeira clase en directo impartida polos monitores municipais Lorena Lago e Paco Villanueva.
A pasada sexta feira celebrouse a primeira voda civil do municipio desde que se desatou a crise sanitaria do COVID-19. O noivo recibiu á noiva tocando o berimbau, xa que ambos son practicantes de capoeira.
Os alumnos dos centros IES Ribeira do Louro, Pino Manso, IES de Mos, Colexio Lar e Colexio Los Sauces terán unha cita coa proba selectiva os días 7, 8 e 9 de xullo
Nesta xuntanza, que por primeira vez será celebrada en liña, participarán palilleiros e palilleiras de países como Portugal, Italia, Bulgaria e Arxentina.
Onte participaron nunha sesión de formación específica para empresarios deste sector, nas instalacións da Axencia de Colocación mosense, un total de 30 persoas. Centra as súas primeiras accións nos sectores da hostelaría e turismo.
O Concello afirma que se está traballando na limpeza, desbroce e desinfección dos espazos, que non se reabrirán, por criterio e asesoramento técnico, ata que se poidan garantir neles o cumprimento de todos os protocolos sanitarios.
Tras coñecerse o pasado mes a emisión dun novo informe oficial desfavorábel, perceptivo e vincultante, sobre o macroproxecto do Celta e do goberno de Nidia Arévalo no Concello de Mos, a agrupación socialista local mobilízase para exixir a retirada da modificación do plan urbanístico.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Personalizar Cookies