Redacción 17/06/2020

Tras coñecerse o pasado mes a emisión dun novo informe oficial desfavorábel, perceptivo e vincultante, sobre o macroproxecto do Celta e do goberno de Nidia Arévalo no Concello de Mos, a agrupación socialista local mobilízase para exixir a retirada da modificación do plan urbanístico.

 

A bancada socialista, apoiándose nos informes desfavorables de Fomento, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Deputación de Pontevedra e AENA, solicita ao goberno local a retirada da modificación puntual do PXOM que suporía cambiar a catalogación dos terreos forestais protexidos para usos dotacionais e terciarios, no marco do proxecto urbanísitco do Celta. Os socialistas argumentan que un proxecto con deficiencias coma as que salientan estas administracións non pode levarse a cabo.

Segundo os socialistas mosenses, Fomento resalta que o proxecto implica alteracións no servizo e seguridade nas estradas estatais afectadas, o estudo de tráfico non está xustificado e desaconsellan a aplicación de novos accesos no tramo de concentración de accidentes. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil emitiu un informe desfavorábel no tocante á dispoñibilidade xurídica da auga para o proxecto e cuestións relativas a augas pluviais e a non existencia dunha reserva de auga. AENA tampouco emitiu un informe favorable, xa que este queda condicionado a inclusión no proxecto de aspectos que impliquen as subsanacións indicadas. Ademais, súmase o informe desfavorábel emitido pola Deputación de Pontevedra, posto que entenden o proxecto coma un documento falto de concreción e con erros, onde non se ten en conta a orográfica dos terreos para a realización da estrada alternativa a provincial e non resolve o problema do incremento de tráfico que xerarán os novos usos previstos.

A voceira socialista, Victoria Alonso, di que un proxecto con estas deficiencias e con estes informes perceptivos e vinculantes desfavorábeis non ten razón de ser. Sumándose ás peticións dos veciños e dos comuneiros de Tameiga, sinala que a retirada deste proxecto resulta máis imprescindíbel con esta nova información. Móstrase partidaria de que o Concello de Mos adopte un postura máis intelixente e escoite aos técnicos que aluden os problemas relativos á accesibilidade, auga, medioambiente e cuestións sociais.

Alonso quere recordarlle á rexedora local que máis da metade dos votos da veciñanza mosense non apoiou este proxecto. Tamén engade que a mellora da situación económica do Concello pasa por facer unha boa xestión e traballar para que o concello medre, e non atendendo aos intereses económicos dun empresario concreto.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad