mos

Redacción 10/07/2020

A Comunidade de Montes Veciñais de Tameiga remitiu á Comisión de peticións do Parlamento Europeo unha solicitude de paralización da modificación do PXOM de Mos. Tal modificación fora proposta pola alcaldesa Nidia Arévalo co obxectivo de dar cabemento legal ao macroproxecto do R. C. de Vigo no concello, e xa recebiu tres informes desfavorábeis do Goberno central e da Deputación provincial.

Redacción 08/07/2020

Os próximos días 16 e 17 de xullo actuarán Francisco Nogueira e Luís Peixoto, respectivamente, no espazo Territorio Cultural das Pedriñas (Tameiga, Mos). Ambos artistas traerán desde o seu Portugal natal os ritmos do fado e do folclore mesturado con elementos da música contemporénea. Os socios do centro poderán acudir de balde, namentres que para o público xeral, as entradas poderán ser adquiridas na cantina das Pedriñas.

Redacción 03/07/2020

Os traballadores da planta de Copo Ibérica en Mos acordaron por maioría celebrar unha xornada de folga para protestar contra as condicións de extrema exixencia física na que se encontran, así como contra tratos vexatorios e graves chantaxes. Este tipo de situacións, nas que as novas condicións de garantía de seguridade contra a pandemia contribúe  a agravar, pola contra, as condicións de saúde dos traballadores, semella ser cada vez máis común por todo o país.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad