O pasado mes de xuño empezaron as execucións subsidiarias de Medio Ambiente para a limpeza de fincas dentro do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.
A alcadesa, Nidia Arévalo, visitou onte o CEIP Mestre Martínez Alonso onde será construida unha rampa na zona da grada co obxecto de eliminar barreiras arquitectónicas, mellorando así a accesibilidade.
Un total de 43 persoas de diferentes departamentos contribúen a limpar as estradas e zonas verdes do municipio durante a tempada estival ao tempo que se fomenta a prevención de incendios forestais.
Durante o pleno de onte, a alcaldesa Nidia Arévalo presentou o seu plan económico e deu contas da situación financeira do Concello. A oposición opúxose e criticou a deficitária xestión que o goberno local realiza desde hai anos.
A primeira área de lecer infantil na que se realizaron traballos é a da Pesqueira, onde se renovou o céspede artificial e se realizou o mantenemento dos elementos de xogo.
Representantes do Concello de Mos visitaron onte as tres escolas infantís da localidade. En agosto realizaranse os traballos de mantemento e de instalación de medidas de seguridade ante a COVID-19; unha actuación que a oposición reclamara hai xa semanas.
O distintivo que outorga o Instituto de Calidade Turística está a ser tramitado para a contorna do Pazo de Mos e o Albergue de Santa Baia, e os trámites son financiados pola Xunta de Galicia.
Trátase dun parque infantil e con elementos biosaudables subvencionado pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O procedemento de contratación da instalación dun novo parque na contorna do Centro Cultural Abrente na parroquia de Torroso está a piques de finalizarse de cara ao próximo inicio das obras de acometida da nova área de lecer.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Personalizar Cookies