Dentro da programación de promoción da etapa de La Vuelta que pasará polo municipio, o Concello promove unha versión da canción oficial e unha visita guiada a Afouteza, onde acudiron menos nenos dos anunciados.
A Plataforma ‘A Auga é Vida’ fai un chamamento a toda a veciñanza para que exprese o seu rexeitamento á construción dun centro comercial en Tameiga. As persoas que desexen sumarse á mobilización poden pedir unha bandeira nas Pedriñas, en horario de oficina, de forma totalmente gratuíta.
Este novo desenvolvemento é un dos previstos na modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, actualmente en fase de avaliación ambiental e que se prevé aprobar de forma inicial no último trimestre deste ano.
50 persoas participaron este sábado, a unha semana da etapa 20 de La Vuelta, no ‘Mos sobre rodas’, en Herville. O mesmos día á tardiña, os exteriores do Pazo de Mos acolleron o desfile e concurso de deseñadores noveis ‘DESFILAMOS’.
Ecovidrio instala contedores en Mos “para concienciar sobre o coidado do medioambiente e promover a sustentabilidade durante a competición”, e entregará ao gañador do campionato . Por outra banda, o RC Celta organiza para o vindeiro mércores a “Xornada de Convivencia Infantil Afouteza”, que se atopa incluída dentro do programa de actividades con motivo da etapa 20 de La Vuelta 21 no municipio.
A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca a contribución da proposta a facer de Galicia un destino máis accesible a través da formación dos axentes galegos para que proporcionen a mellor experiencia turística a un público con mobilidade reducida. A iniciativa desenvolverase en Mos, Baiona, Sanxenxo, Vilagarcía e Santiago os vindeiros 31 de agosto e 1 e 2 de setembro e inclúe obradoiros e actividades náuticas.
Esta semana agotáronse en catro horas as entradas, de 15 euros, para o espéctaculo musical encadrado na programación de promoción de La Vuelta ciclista. O cantante actuará o 31 de agosto no Campo de Fútbol das Baloutas.
O Concello informa de que, tras a súa reforma integral, a Biblioteca Municipal levará o nome de María Magdalena, gran poeta da Louriña que faleceu esta semana aos 99 anos de idade.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Personalizar Cookies