O Concello anunciara hai catro meses a concesión dunha subvención da Xunta para as obras na urbanización mosense. En dous meses renovaránse as beirarrúas e pavimentos das vías de circulación así como acondicionarase unha parcela municipal, coa finalidade de dotala de pavimento, vexetación e mobiliario urbano.