mos

Redacción 18/12/2020

Recentemente, o Xulgado de 1ª instancia e instrución do Porriño ditaba o sobremento das acusacións da alcaldía de Mos contra veciños vinculados á Comunidade de Montes de Tameiga. Ante a teima da alcaldesa Nidia Arévalo de continuar coas accións xudiciais, os grupos do BNG, GañaMós e PSdeG acordaron convocar un Pleno extraordinario para solicitarlle a retirada do recurso, a petición de desculpas e a súa dimisión pola xestión deste asunto. Esta semana, os acordos foron rexeitados pola maioría do PP e maila concelleira non adscrita. 

Redacción 17/12/2020

Segundo informa o Concello, a alcaldesa arrinca o compromiso do presidente da Xunta para que ambas administracións vaian da man neste proceso. O primeiro paso será convocar un concurso de ideas que se prolongará durante 3 meses. Arévalo asume que este é “un momento complicado, económicamente falando, para pensar nun Concello novo, pero precisamente é a pandemia a que me obriga a elo, porque agora non hai condicións de traballo”.

Redacción 16/12/2020

A Comunidade de Montes de Tameiga demanda á xustiza que se acorden, como medidas cautelares, a suspensión das obras e, no suposto de estar concluídas, a prohibición do uso do construído. Para asegurarse da efectividade desta medida solicitase ademais o precinto da edificación en cuestión e o apercibimento aos querelados de incorrer en delito de desobediencia ou de quebrantamento de medida cautelar no caso de quebrantar o precinto. Tamén requiren ao Xulgado de Porriño que se oficie á APLU para que realice á maior brevidade orzamento de demolición das obras e que se requira aos querelados para que afiancen a cantidade orzamentada. Ademais requiren que para garantir a demolición se faga un expreso apercibimento de embargo de bens no suposto de os querelados non presten a fianza fixada.

Redacción 16/12/2020

O pasado domingo, 13 de decembro, celebrouse o XIX Trofeo de Baile Deportivo Concello de Narón que comprendía o Campionato Galego de Danza Coreográfica e Campionato Galego de Modalidade Estandard. Dentro do Club Baila-Mos, que adestra a mosense bailarina campioa internacional Patricia Martínez, inclúese o grupo As Meninas, formado por Sara Requejo, Ainara Rodríguez, Eva Calvar, Elena Gamallo e Noa Pintos.

Redacción 14/12/2020

Os socialistas de Mos lanzan críticas á alcaldesa pola súa política de concienciación social en materia de violencia de xénero. Consideran que as iniciativas do goberno local este 25N, como o reparto de globos lilas ou un contrato de publicidade 1.815 euros, apenas serviron para “sacarse fotografías”. Reclaman, á vez, políticas reais de concienciación.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad