mos

Redacción 03/01/2021

O PSdeG de Mos emitiu onte un comunicado no que pedía explicacións á concelleira de deportes de Mos, Begoña Toucedo (PP), por ter viaxado até Granada durante as festas, e criticaban a falta de exemplaridade en relación ao cumprimento das recomendacións de loita contra a pandemia da COVID-19. Segundo unha publicación feita desde o perfil de Facebook da concelleira, esta viaxou a Andalucía para visitar “ao seu núcleo familiar político natural” xunto coa súa parella sentimental.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad