Redacción 28/12/2020

Segundo o Concello, xa son 90 as parcelas adxudicadas no PEMOS-Veigadaña, quedando tan só 6 pendentes de venda, sendo do 94% a porcentaxe de parcelas ocupadas no polígono mosense e do 6% a de parcelas pendentes de adxudicar. Frioya instalará no polígono mosense un complexo industrial frigorífico.

 

Frigoríficos Oya (Frioya), conta con licenza municipal para edificio industrial-novo complexo frigorífico no Polígono da Veigadaña, sumando así unha empresa máis que elixe o parque empresarial mosense para asentar as súas instalacións. O proxecto contempla a construción dun edificio industrial para o posterior desenvolvemento da actividade da empresa promotora, especializada en loxística de produtos alimentarios conxelados e refrixerados. Consiste nun conxunto de naves industriais encostadas e comunicadas entre sí, de maneira que exteriormente a imaxe sexa dun único edificio homoxéneo e illado na parcela. Cada unha destas naves destínase a un uso específico propio da actividade para desenvolver, e o orzamento de execución desta construción ascende a máis de 3 millóns de euros.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad