O Servizo Municipal de Emerxencias está dotado dunha partida do orzamento municipal anual de 100.000 €, dunha base cunhas instalacións totalmente equipadas, dun coordinador do Servizo traballador municipal e de 4 camións motobomba
Este operativo supón un importantísimo apoio e reforzo para o Servizo Municipal de Emerxencias e trátase dunha dotación enormemente necesaria para a localidade mosense e aplaudida pola veciñanza