Sthela Táboas 13/01/2022

“Á provincia de Pontevedra séntalle moi ben o Goberno de Pedro Sánchez, pois dende que é presidente o paro reduciuse máis dun 10%, a pesar de que no medio cruzouse a pandemia”

“Feijoo caeu na política negacionista que irradia Génova e Pontón está no discurso de que todo o que veña de Madrid é malo”

“Como é posible que un gran pacto social, asinado pola patronal e os principais sindicatos, para erradicar os contratos precarios e consolidar a calidade no emprego non se secunde cun gran acordo político?” preguntouse o secretario xeral dos socialistas da provincia, David Regades, durante o almorzo informativo que hoxe ofreceu en Vigo acompañado d@s deputad@s Guillermo Meijón e Ángeles Marra e @s senadores María Adrio e Modesto Pose. Regades amosouse convencido de que nas próximas semanas iranse sumando os apoios necesarios para que a Reforma Laboral saia adiante no debate parlamentario.

“Hoxe hai menos xente no paro e máis xente cotizando na Seguridade Social que cando España estaba gobernada polo PP”, recalcou, antes de detallar que o desemprego descendeu na provincia de Pontevedra, dende que Pedro Sánchez é presidente do Goberno nun 10,3%, pois pasou das 170.065 persoas sen emprego que había en xuño de 2018 ás 152.584 da actualidade “e iso a pesar de que no medio cruzouse a pandemia e a peor crise recente da humanidade”. En paralelo, o número de cotizantes á Seguridade Social incrementouse nun 3%, pasando de 352.326 persoas na provincia a 362.528 para o mesmo período. David Regades concluíu que o Goberno de Pedro Sánchez “séntalle moi ben a esta provincia, o motor socioeconómico de Galicia” pois a redución do desemprego en Vigo neste tempo de goberno socialista estivo preto do 10%, foi de máis dun 12% na cidade de Pontevedra e situouse por enriba do 11% en Vilagarcía. “Agora toca sentar as bases lexislativas para que o emprego siga crecendo”. O secretario xeral abundou en que o escenario macroeconómico, “a pesar das crises nas cadeas de subministracións e dos semicondutores” apunta nesa dirección.

Regades recalcou que “a sociedade galega está de acordo con esta Reforma Laboral, pero parece que o PP e o BNG, non”. “Feijoo fixo unhas vagas declaracións, vítima da política negacionista que irradia a sede de Génova”. O secretario xeral socialista falou dos “silencios covardes e torpes” do presidente da Xunta e engadiu que “Feijoo está a desaproveitar unha oportunidade de demostrar que é un político de Estado e de raza”.

Ao BNG espetoulle que se instalou no discurso de que “todo o que veña de Madrid é malo” e que parece sumido nun debate sobre se as súas siglas son agora máis ou menos independentistas. “O Partido Socialista é unha forza federalista que sabe valorar a rebaixa histórica das peaxes da autoestrada, a chegada do AVE a Galicia ou a aprobación duns Orzamentos Xerais do Estado que son claves para a recuperación en toda España”. Regades lamentou que os nacionalistas carezan da visión de sumarse e lembroulles que “á sociedade preocúpanlle cousas como a creación de emprego”.

Neste mesmo senso, o deputado Guillermo Meijón afirmou que o BNG “é vítima do seu mantra de admitir que todas as decisións do Goberno van na boa dirección, pero son insuficientes”. “A realidade é que se está a facer un gran esforzo e esta Reforma Laboral é outra proba”. De feito, recordou,“non é un texto do PSOE, senón o texto que pactaron os empresarios e os sindicatos”. Ademais advertiu a quen “compre” o discurso do BNG que estará secundando que os convenios de empresa volvan estar por enriba dos sectoriais.

David Regades insistiu en que tivo que ser un goberno do Partido Socialista o que recuperara o consenso entre os axentes sociais e incidiu en que con esta nova regulación laboral apóstase pola calidade no emprego ao recuperar os convenios colectivos sectoriais que eliminou o PP e limitar o papel dos convenios de empresa á mellora das condicións pactadas nos sectoriais. Ademais, introdúcese a ultraactividade dos convenios, é dicir, o mantemento das condicións acordadas unha vez esgotada a súa vixencia.

“É, por tanto, a Reforma Laboral do crecemento sostible dos salarios e do equilibrio entre as partes na negociación laboral”. O texto aposta tamén pola contratación indefinida, pois os contratos presúmense por tempo indefinido e páutanse adecuadamente os contratos de formación, en prácticas ou as contratacións ocasionais por circunstancias da produción e por substitución de traballadores. Refórzanse os ERTE e créase o mecanismo RED de flexibilidade estabilización do emprego, que deberá aprobar o Consello de Ministros cando sexa necesario pola coiuntura macroeconómica ou por necesidades sectoriais. Finalmente, poténciase a Inspección de Traballo e se reforza o réxime sancionador por incumprimento dos requisitos dos ERTE o do novo mecanismo RED.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad