A equipa de goberno rexeitou unha moción do BNG sobre a situación de Maderas Iglesias e outra relativa á asistencia sanitaria. O concelleiro nacionalista, Gustavo Barcia, cre que a alcaldesa “volve demostrar a súa falta de sensibilidade cos problemas reais da veciñanza”.