Redacción 24/10/2020

Piden ao Concello que se implique máis, exixa máis medios á Xunta e priorice a seguranza sanitaria fronte a outros asuntos como a promoción da Vuelta ciclista.

 

Despois de visitar os centros educativos do Concello de Mos para o comezo e funcionamento das clases presenciais, os socialistas de Mos queren mostrar todo o seu apoio polo gran esforzo que para a dirección de cada un dos centros supuxo pór en marcha todas as medidas e medios para que as rapazas e rapaces volveran ás clases dunha forma segura.

Sen ter ningunha directriz clara dende a Consellería e o Concello, os centros tiveron deseñar as súas propias maneiras de acondicionar os colexios para que a mocidade tivese unha volta segura as aulas. Os socialistas botan en falta máis implicación de parte do Concello en temas tan importantes como a limpeza, no que reclaman máis persoal xa que o traballo é maior na meirande parte dos centros. 

Destacan o feito de que cada centro educativo tivo que afrontar os gastos ocasionados pola nova normalidade, co propio presuposto do centro. Xel hidroalcohólico, ducias de papeleiras con tapa, mascariñas, papel desbotable e todo o preciso para que os centros volveran abrir as súas portas de maneira segura, foron sufragados por parte dos propios centros, sendo a data de hoxe cantidades que rondan os 5.000 euros ata a data. Estes gastos terán que continuar o longo do curso que previsiblemente deixará os centros con moi pouca marxe orzamentaria para continxencias, o cal parece non preocupar nin o goberno local nin a Consellería.

Victoria Alonso, voceira do PSdeG de Mos, di chamarlle a atención a pouca vergoña da alcaldesa ante esta situación xa que non se fixo ningunha reclamación ante a Xunta de Galicia. Engade que pode verse un claro interese político de transfondo ante o feito de que esta sexa a única administración, que sendo gobernada polo Partido Popular, non se lle fagan reclamancións coma as outras. Ante esta situación e recalcaldo o caso do IES de Mos que teñen que usar auga con lixivia para reducir gastos, Alonso pídelle a rexedora local que as necesidades dos nosos centros deben ser a súa prioridade neste momento no canto de fomentar actividades como é La Vuelta ciclista.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad