ACTUALIDAD

Redacción 03/01/2021

A actuación enmárcase nos traballos do Plan específico de xestión do risco de inundación na área fluvial do Lagares. O Plan conta cun orzamento de 6,8 M€ e recolle unha serie de actuacións paliativas e preventivas, que prevé executar a Xunta cando o Concello poña os terreos á disposición. Prevense actuacións na avenida Severino Cobas, no polígono do Caramuxo, na avenida de Madrid, e na Rega do Folón no cruce coa estrada de Camposancos, ademais de áreas de inundación controladas en Sárdoma e en Lavadores.

Redacción 02/01/2021

A Deputación impulsa iniciativas tecnolóxicas para transformar, modernizar e e adaptar os concellos ao Século XXI. 

Nos últimos tempos lanzou proxectos como a administración electrónica, o padrón municipal de habitantes, a plataforma telemática para a reunión de  órganos colexiados, o sistema de cita previa ou a app para a xestión dos tributos do ORAL. 

Dende o 2016 a Deputación de Pontevedra investiu no proxecto de administración electrónica e servizos asociados máis de 2 millóns de euros. 

Redacción 30/12/2020

Fernández-Tapias anima ao alumnado do Obradoiro ‘Salvaterra emprega’ a aproveitar ao máximo a oportunidade formativa laboral  

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo acudiu hoxe á inauguración deste taller de emprego no que se formarán 20 persoas durante os próximos 9 meses en atención sociosanitaria e limpeza de superficies e control de pragas

Puxo en valor a importancia da cualificación especializada e da continuidade de iniciativas como os obradoiros e os programas integrados de emprego

Avogou pola colaboración entre administracións para impulsar entre todos unha Galicia con máis oportunidades laborais, máis igualitaria e máis sostible 

Redacción 30/12/2020

“Tierra de Nadie” é o single que adianta o novo traballo da compositora e cantante Carolina Rubirosa. O LP, que será presentado a vindeira primavera, foi producido Juan de Dios Martin, colaborador de artiastas como Amaral ou Xoel López e nominado aos Premios Grammy, e nel participaron outros artistas de grande talla internacional e nacional. O disco, tamén cun forte carácter internacional, foi grabado entre Nova Iorque, Os Ánxeles, Madrid, A Coruña e Pequín. 

Redacción 30/12/2020

Ecoloxistas en Acción denuncia que dende o ano 2009, coincidindo coas inversións do “Plan E” para as denominadas “humanizacións” das rúas de Vigo, van sucedendose na cidade olívica periódicas tallas de árbores en rúas, parques e xardíns. Un trás outro, choupos, tileiras, plataneiros e aligustres foron eliminados consecutivamente das rúas humanizadas en Coia, A Doblada, Areal, rúa Oporto, Jenaro de la Fuente, Venezuela, Alameda e das remodelacións do centro da cidade. Xunto con outros coletivos sociais, reividican o importantísimo rol das árbores urbanas para o benestar e saúde dos veciños e reclaman alternativas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad