Redacción 30/12/2020

Ecoloxistas en Acción denuncia que dende o ano 2009, coincidindo coas inversións do “Plan E” para as denominadas “humanizacións” das rúas de Vigo, van sucedendose na cidade olívica periódicas tallas de árbores en rúas, parques e xardíns. Un trás outro, choupos, tileiras, plataneiros e aligustres foron eliminados consecutivamente das rúas humanizadas en Coia, A Doblada, Areal, rúa Oporto, Jenaro de la Fuente, Venezuela, Alameda e das remodelacións do centro da cidade. Xunto con outros coletivos sociais, reividican o importantísimo rol das árbores urbanas para o benestar e saúde dos veciños e reclaman alternativas.

 

Ecoloxistas en Acción, así como diversos colectivos ecoloxistas, culturais e sociais de Vigo levan avisando que os proxectos deben ter en conta as árbores e buscar as alternativas para manter e potenciar o máximo número de exemplares en rúas, prazas e parques. Os servicios ecosistémicos das árbores urbanas son moi importantes para o benestar e saude dos cidadás e a calidade de vida nas ciudades, influindo sobre o valor de vivendas e establecementos comerciais. A organización ecoloxista demanda ao Concello de Vigo unha moratoria á talla de árbores urbanas e que partidos políticos, asociacións veciñais e ecoloxistas acorden un “Plan de infraestructura verde da cidade de Vigo. Ecoloxistas en Ación solicita ademais priorizar a restauración das rúas desarborizadas, convertir o Parque do Castro nun “Central Park” vigués libre de coches e reforestado e facer realidade o cinturón verde extraurbano eliminando as especies pirófitas.

Ecoloxistas en Acción sinala que de seguir a cidade sen un “Plan municipal de infraestructura verde”, Vigo quedará totalmente afastada das cidades que están realizando esforzos para mellorar zonas verdes, ampliar zonas peonís e potenciar a calidade do arborado urbano, para loitar contra o cambio climático, mellorar a calidade de vida, reducir as enfermedades e engadir valor aos barrios.

O pasado 28 de decembro pasará a historia coma o día no que a histórica Ronda de Don Bosco perdeu totalmente o seu patrimonio histórico natural. Os derradeiros cedros da coñecida praza foron tallados a primeira hora da mañá en aras da seguridade veciñal según as autoridades locais. O conxunto de árbores da praza fora xa eliminado, caendo outros dous cedros en xuño como resultado dos recortes realizados nas extensas raíces, que os operarios mutilaron para poder realizar a cementación das obras. Moitos veciños e asociacións daban por perdidos os outros dous cedros que foron apuntalados con estacas para evitar a súa caída.

O comunicado oficial do Concello recoñece que as dúas árbores tiñan perigo de desplome pero non asume a responsabilidade ou a responsabilidade da empresa contratada por neglixencia ao non cumplir os pregos do contrato para executar o proxecto orixinal, o cal incluían máis zona verde nas infografías e o propio alcalde asegurou que non se eliminarían os catro cedros históricos. 

As árbores talladas son algunhas veces sustituidos por árbores xoves e cativas, moitas outras veces sustituidos por maceteiros. As benvidas inversións para mellorar a cidade veñen sendo utilizadas para realizar proxectos que deixan de lado a flora urbana e fan desaparecer o patrimonio natural e histórico da cidade dándolle as costas especialmente ás arbores.

Os colectivos ecoloxistas, culturais e sociais de Vigo lembran do que os proxectos deben ter en conta as árbores e buscar as alternativas para manter e potenciar o máximo número de exemplares en rúas, prazas e parques. Os servicios ecosistémicos das árbores urbanas son moi importantes para o benestar e saude dos cidadás e a calidade de vida nas ciudades, influindo sobre o valor de vivendas e establecementos comerciais.

A sombra que regula as temperaturas e fai máis agradable a rúa; prodúcese unha mellora da calidade do aire polas árbores, que contribúen a producir oxíxeno e diminuir a contaminación por fumes, e á redución do ruido do tráfico. Tamén cómpre considerar as propiedades beneficiosas das paisaxes urbás verdes que reducen o estrés e melloran as enfermedades mentais, o ecosistema urbano que supoñen para paxaros e a fauna urbana.

Fíxose patente especialmente durante os tempos da pandemia en 2020, cando as zonas verdes convertíronse en lugares preferidos polos vigueses e viguesas. Atrapados na cidade e coa movilidade reducida, os veciños e veciñas buscaron o parque mais próximo para pasear nun entorno saudábel e natural. No confinamento chamou a atención a floración primaveral, a redución do ruido e a mellora da calidade do aire, o acercamento dos paxaros e o valor dunha fiestra a unha zona verde onde observar árbores e natureza. Unha enquisa internacional promovida polo Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia, indicou que os cidadans tras o confinamento da pandemia valoramos por encima de todalas cousas disponer de xardín ou terraza nas viviendas e árbores ou zonas verdes próximas, con zonas amplias peonís onde cheguemos a pé ou en bicicleta.

Porén, en 2020 asistimos a destrucción masiva de centos de árbores na cidade: Gran Vía (castiñeiros, tilos, olmos, camelios e laranxeiras), Vía Norte, Estación (palmeiras datileiras), Samil (choupos), Manuel Olivié (castiñeiros de indias), Marqués de Valladares (laranxos), Guía (piñeiros), Montero Ríos e Ronda de Don Bosco (cedros do Atlas).

Durante a desescalada, mentras a cidadanía resistía as horas de confinamento nos domicilios, se consumou a talla de 18 grandes árbores no Parque do Catro: cedros do Atlas, cipreses de Lawson, abetos, nogueiras negras, cereixos bermellos, bidueiros e os derradeiros e monumentais carballos americanos. O proxecto de posta en valor da fortaleza levaba por diante parte do patrimonio natural histórico de Vigo a favor da iluminación da muralla. Moitas das árbores taladas os últimos anos están catalogadas e aparecen no “Catálogo das árbores singulares do Concello de Vigo”, publicado en 1999. Éstes exemplares foron catalogados pola súa idade e importancia, formando parte do patrimonio de tódolos vigueses, e non son sustituibles por árbores de viveiros.

De forma incomprensíbel, os dirixentes municipais aluden a supostos “informes técnicos” que avalan que as árbores se atopan en mal estado, enfermas e que constitúen un risco para seguridade cidadá. Segundo os ecoloxistas, estes comunicados do Concello aparecen “a posteriori” tras as queixas e lamentos de veciños e asociacións.  Casualmente, as árbores enfermas con perigo de derrumbe moitas veces coinciden coas rúas onde se está a executar obras dalgún proxecto.

Sempre se promete repoñer con novas árbores e cando se fai, se plantan árbores novas e diferentes. O que non se pode repoñer son os servicios que daban as árbores adultas retiradas e a relación e vínculos humanos da veciñanza cas árbores. En moitas rúas as árbores e xardíns foron sustituidos por maceteiros, que según datos do Concello ocupan 11.000 metros cadrados e obrigaron a multiplicar o presuposto local adicado a conservación de xardíns en 2020. Dende Ecoloxistas en Acción consideran que as rehabilitacións en ningún caso deben eliminar ou poñer en perigo o patrimonio natural nin xustificar unha tala continua e sen fin de árboles urbanas.

A pérda de árbores incrementa a insolación, empeora a calidade do aire e extingue a fauna e flora urbanas que dependen das árbores. Os ecoloxistas entenden que os cidadáns debemos axudar a reducir os efectos perxudiciais do cambio climático contra el que toda la sociedad, incluído o goberno local, debe loitar de forma decidida e unida. O Concello está obrigado a xustificar a eliminación das árbores proporcionando aos colectivos que as reclaman os informes técnicos. E sobre todo está obrigado a buscar alternativas adaptando os novos proxectos ao patrimonio natural existente na cidade.

En xuño de 2020, Ecoloxistas en Acción de Vigo presentou o seu plan de “Cinco propostas para unha nova política de conservación das zonas verdes e a restauración do Parque do Castro mediante a creación dun Bosque Urbano”. Este inclúe propostas como unha política integrada de respeto ao medio ambiente da cidade de Vigo, apostando polas áreas verdes en parques e rúas e apostando pola reducción do uso de tratamentos químicos; un plan de manexo e conservación da flora e fauna das zonas verdes do casco urbano de Vigo; a reforestación do Parque do Castro para convertilo no “Bosque Urbano de Vigo” no que se reforesten árbores autóctonas onde se talaron árbores e sustituindo aos piñeiros; un Pacto verde no que se priorice a conservación das zonas verdes do casco urbano e se melloren as zonas verdes periféricas e os parques forestais; e a eliminación total dos coches e aparcamento no Paseo Rosalía de Castro, priorizando o uso do Parque do Castro para peóns e ciclistas.

En 2021 é necesaria unha folla de ruta na que se poña en valor a biodiversidade urbana e se adiquen esforzos a realizar proxectos que potencien unha cidade mais humana, ecolóxica e saudable onde a mobilidade peonil, a calidade do aire e a calidade de vida sexa a prioridade. Dende Ecoloxistas en Acción de Vigo solicitamos ó alcalde e concelleiros do Concello de Vigo transparencia e información. É necesario que coma outras grandes ciudades o Concello permita a participación da cidadanía e escoite a opinión dos colectivos ecoloxistas.

Vigo reduce cada vez mais o seu arbolado na zona urbana, quedando moi lonxe da cantidade e calidade das árbores nas outras capitais galegas. E na zona das parroquias extraurbanas as cousas non están marchando ben, se poderían ampliar os parques forestais e falta reforestar con especies autóctonas para construir o prometido cinturón verde de Vigo de protección de lumes forestais

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad