ACTUALIDAD

Redacción 30/01/2021

O PSdeG de Mos critica a falta de interese do Concello en chegar a acordos para axudar ao sector hostaleiro fronte ás consecuencias económicas da crise sanitaria e as medidas de contención dos contaxios. O goberno local, á vez, di non ter “capacidade nin medios” para asumir a xestión de máis trámites e reclama á Xunta e ás Deputacións que sexa o goberno autonómico quen o faga. 

Redacción 30/01/2021

 

Organizacións ecoloxistas, sindicais, políticas e colectivos sociais realizaron accións de protesta diante de diferentes sedes administrativas para denunciar o escuratismo e a falta de participación pública no reparto dos fondos europeos de recuperación. Advirten que estes fondos  van ir a parar ás mesmas grandes empresas e sectores industriais que levaron á grave crise climática, social, económica e sanitaria que padecemos actualmente. Denuncian que a Xunta de Galicia  pretende repartir o pastel consultando só as grandes empresas, sen ter en conta o tecido social e quen máis sufriu a crise, como a pequena e mediana empresa, o sector sanitario ou o dos coidados. As organizacións salientan que os fondos de recuperación non van ser de balde, senón que serán custeados por toda a cidadanía con axustes laborais, no sistema de pensións e nas contas públicas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad