Esta mañá, mobilizacións convocadas pola plataforma Por un Monte Galego con Futuro tiveron lugar en 22 localidades do país. Os convocantes, entre os que figuran máis de 50 das principais organizacións sindicais, sociais, ecoloxistas, agrarias da Galiza, leron simultáneamente un manifesto onde expuxeron os motivos polos que rexeitan o plan forestal da Xunta de Galiza.