ACTUALIDAD

Redacción 08/05/2021

A Xunta apoia con 17318 euros os gastos de funcionamento das agrupacións de voluntarios protección civil da área de Vigo.

O DOG publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións que permitirá sufragar os gastos de agrupacións de 8 concellos da comarca de menos de 50.000 habitantes

Estas axudas complementan a outra orde de axudas anual a través da que o Goberno galego dota de equipamento de emerxencias ás AVPC. 

Redacción 07/05/2021

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, mantivo unha reunión co alcalde e con residentes da zona. 

Os veciños do conxunto histórico de Tui interesados en vender unha propiedade poden presentar unha oferta ao programa rexurbe antes do 9 de xullo. 

A Xunta pretende adquirir este ano inmobles do municipio para rehabilitar, por importe de 250.000 euros, unha contía que se pode ampliar. 

Redacción 07/05/2021

Afundación inicia o programa «Música a flor de pel», que levará actuacións en directo aos centros de educación especial. 

Esta iniciativa social, que se estende a toda Galicia, pretende contribuír a reducir o illamento provocado pola pandemia en colectivos vulnerables e achegar a música e os seus beneficios a escolares con capacidades diversas

Os centros educativos acollerán encontros musicais nos que, cun estrito cumprimento de todas as normas de prevención ante a COVID-19, o alumnado gozará da música tradicional galega de xeito dinámico e participativo. 

Redacción 07/05/2021

Xestur acaba de resolver o concurso convocado en febreiro. A conselleira titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, sinala que a superficie adxudicada, un total de 23 parcelas, permitirá a 16 empresas de diferentes sectores instalarse ou ampliar as súas naves en Galicia, e aforrar até 2,6 millóns de euros. O da Veigadaña é un dos polígonos cuxas parcelas foron rebaixadas e adxudicadas. Fronte a estes 8 millóns para o 2021, a Xunta dedicará apenas 1,5 millóns de euros no periodo 2021-2025 para o programa Bono Alugueiro Social. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad