ACTUALIDAD

Redacción 14/05/2021

A próxima semana comezan as obras da primeira fase da reforma da Praza de Abastos. Supoñen un investimento de 96.437 euros e deberán estar rematadas o 30 de xuño

Redacción 14/05/2021

Desde a semana pasada xa se poide escoitar un dos novos singles do novo traballo de Depedro, “Máquina de piedad”, cociñado a lume lento e con moito agarimo, como todo o que fai o artista madrileño. O cantante francés de orixe armenio Ian Kay, que formaba parte da escena europea de garage punk, tamén se une á quinta edición de 17° Ribeira Sacra Festival. Esta cita única, que marida día e noite música, viño, gastronomía e patrimonio nun marco de excepción, desvelará moi pronto outras novidades do seu programa, que reunirá concertos na natureza, catas de viños, directos en catamaráns e adegas, roteiros e cociña de autor.

Redacción 13/05/2021

Galicia recibe un total de 155 distintivos entre areais, portos deportivos, sendeiros azuis e centros azuis

O areal do Lago das Pontes recibe por primeira vez a distinción, que recuperan seis praias de Baiona e unha de Barreiros

Sanxenxo, con 17 bandeiras azuis para os seus areais, convértese un ano máis no concello de España que maior número acumula, ademais de sumar distincións para tres  portos deportivos, unha rede de sendeiros e un centro

No caso da provincia da Coruña, Arteixo é o municipio con máis praias premiadas, con 7, mentres na de Lugo é Foz, con 5

A Xunta subliña o esforzo realizado o ano pasado polos municipios para acadar os estándares de seguridade esixidos neste tipo de espazos por mor da covid, reforzando así a  imaxe de Galicia como destino turístico seguro

Redacción 13/05/2021

Segundo denuncia o PSdeG de Mos, o goberno municipal retirará 30.000 euros da partida do plan HURBE “destinada á humanización da contorna da Igrexa de Torroso”, para cubrir a dedicación exclusiva do novo concelleiro de urbanismo, José Areal.  O empresario local sustituíra a Begoña Toucedo na concellería de deportes pouco tempo despois da polémica viaxe desta a Serra Nevada durante as festas de Nadal.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad