Redacción 20/05/2021

As igrexas e capelas das parroquias porriñesas convertiranse en esceario de concertos a cargo da soprano Esperanza Mara acompañada de instrumentos artesáns medievais

 

 

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira, vai desenvolver un ciclo de concertos de música medieval nas igrexas e capelas das parroquias e barrios do termo municipal.

A serie de concertos, titulados “Ciclo de Música Medieval en Camiño”, comezará o vindeiro domingo 23 de maio na parroquia de Mosende, na igrexa San Xurxo, ás 20:00 h.

Segundo explica a concelleira “falamos de concertos líricos de cantigas medievais, da man da soprano e instrumentista, Esperanza Mara, co acompañamento de instrumentos medievais realizados por profesionais artesáns expertos en luthería medieval, que percorrerán as parroquias de Torneiros, Pontellas, Atios, Cans, Budiño, Chenlo, Carracido e San Benito”.

“O Ciclo de Música Medieval en Camiño, é unha posta en valor do noso patrimonio cultural, literario e musical; á vez que se dinamizan estes espazos, facendo unha descuberta deles, amais da relixiosa tamén a cultura”, engadiu Cami Moreira.

A Concellería de Cultura estableceu que as apersoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo reservasmusicamedieval@gmail.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer a reserva dunha cadeira, para levar o control do aforamento e, finalmente, poder contactar no caso de xurdir algún gromo da Covid.

O prazo para inscrición previa rematará as 00:00 h do venres 21. No caso de non completarse o aforo coas reservas solicitadas, completarase coas persoas que se acheguen o mesmo domingo, recollendo igualmente os datos de nome, apelidos e teléfono de contacto.

 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad